A CUT ANTE A LOITA DO METAL E A FOLGA XERAL

Reproducimos os seguintes estractos dunha declaración da C.U.T


[...] Continúa o estado de excepción ca toma da cidade polas compañías da policia española. No percorrido do día de onte desde os estaleiros ó Concello o continxente obreiro foi custodiado por diante e por detrás por centos de mercenarios.



A estratexia patronal de rebenta-la Folga a través do cansazo e da fame, está a alentar cada vez máis, a esixencia por parte dos traballadores en loita, da convocatoria de Folga Xeral


PERO, QUE FOLGA XERAL?

A UGT e CCOO xa lle viron fai tempo as orellas ó lobo, como trabarlle na man a quen lle da de comer?, polo tanto serán axentes activos para impedir que a Folga vaia adiante [...] A CUT cando fala de Folga Xeral fala de Folga Xeral Nacional, é dicir: de Galiza. Nunha xornada que una na loita decidida e rexenerante a todo o proletariado galego e ós sectores populares golpeados polo capitalismo e o fascismo axexante.



É esperpéntico ver os gandeiros vertendo leite nos supermercados ou sacando miles de tractores a rúa e, por outro lado, ós compañeiros do metal; cando sabemos que todo parte do mesmo problema e do mesmo sistema:

o capitalismo, ao que hai que matar.