DE NOVO SOBRE A LOITA DO METAL: IMPÓNSE A FOLGA XERAL

"O labirinto levou á masa obreira a non dar un paso atrás. A administración, a patronal e os sindicatos maioritarios, sábeno. Fican dúas opcións; a traizón dos traballadores e a baixada de pantalóns ou a loita digna ata gañar. Volvémolo a repetir, a Folga de todo o metal no vai chegar, o carácter indefinido tampouco, imponse a Folga Xeral".



C.U.T (5-06-09) Antecedentes.

Os día 3 e 4 de xuño, indiscutiblemente pasarán a historia da clase obreira de Vigo e de Galicia. Fai uns días a CUT falaba do labirinto sindical e da errática estratexia escollida polos sindicatos maioritarios na loita polo Convenio Colectivo do Metal de Pontevedra.

Dicíamos tamén que chegados a esta encrucillada, están obrigados a un salto cualitativo no chamado da Folga e necesariamente encamiñar a loita á FOLGA XERAL... [Ler máis]