COMEZA A "SEMANA EN BRANCO": TRACTORADA POLA SUPERVIVIVENCIA DO SECTOR LEITEIRO GALEGO

[PCPG, 13-07] Comezóu a segunda fase da tractorada en defensa do sector leiteiro e do agro galego. Perto de 3.000 tractores percorren as estradas de Galiza cara ás cidades Lugo e Santiago co obxecto de esixirlle a Xunta e ao Goberno español solucións inmediatas que eviten o peche das explotacións e a morte do sector leiteiro galego.


A denominada “Semana en branco" na que os tractores voltan ás estradas de Compostela e Lugo rematará o próximo venres , sendo como ben din os seus portavoces unha acción de loita "á desesperada" do sector leiteiro pola súa supervivencia.

As labregas e labregos atópanse de novo en pé de loita para mudar as políticas agrarias que nos permitan vivir do noso traballo que fixen un prezo xusto para o leite galego, reivindicando as seguintes medidas: