O PCPG participou nas mobilizacións e accións máis importantes desenvolvidas en Galiza.
[PCPG]. "Pola Folga Xeral” e “contra as políticas de pacto social” fóron as palabras de orde que máis se berraron nas mobilizacións do 1º de maio, Dia do Internacionalismo Proletario, que decorreron nas cidades e vilas máis importantes de Galiza , contra as políticas gubernamentais, en defensa dos nosos direitos sociais e laborais ameazados pola ofensiva neoliberal do capitalismo en crise; en defensa dun emprego digno e na Terra e dos salarios e das pensións de retiro.
Os discursos dos dirixentes sindicais das centrais sindicais: CIG (que foi quen mobilizou a maior parte dos manifestantes galegos/as), da CGT, CUT, CNT e COG tamén insistiron na denuncia do papel colaboracionista das centrais CCOO e UGT con estas políticas tan agresivas e lesivas para os nosos intereses como clase traballadora.
Os militantes do PCPG distribuimos volantinas cunha declaración na que apelamos a loitar polo noso futuro, a afortalar as nosas organizacións de clase, a unir as loitas e a impulsar a construcción [Ler máis]