1º DE MAIO: CONTRA A OPRESIÓN CAPITALISTA UNIDADE E LOITA OBREIRA POLA XUSTIZA SOCIAL E POLO SOCIALISMO

1º DE MAIO DE 2011: CONTRA A OPRESIÓN CAPITALISTA
UNIDADE E LOITA OBREIRA POLA XUSTIZA SOCIAL E O SOCIALISMO

De novo a clase obreira e o conxunto do povo traballador saímos as rúas para defender os nosos direitos, co horizonte cada dia mais escuro. A grande banca e a patronal co axuda do seu goberno e os dirixentes dos sindicatos CCOO e UGT cercenan as nosas conquistas logradas o longo de mais de 200 anos de historia de loita do proletariado, empeorando dramaticamente para nós e os nosos fillos as condicións de vida e de traballo. Querenlle facer pagar á clase obreira o custe do rescate dos bancos e do gran capital!!.

Por toda a parte, e xa estamos no terceiro ano do desta última grande crise capitalista mundial, impoñen plans brutais de axuste. Hoxe para grande parte do proletariado mundial a xornada de oito horas pola que morreron os mártires de Chicago naquel 1º de maio de 1886 é cada vez máis quimérica e inalcanzabel. Máis que nunca, é preciso recuperar unha estratexia decidida de loita, nacional e con carácter internacionalista da clase obreira de todos os paises e continentes. Foi co empuxe e determinación do proletariado internacional que se consegueu a finais daquel século que os seus patróns se viran obrigados a aceitar a xornada de 8 hs. que iniciou un punto de inflexión na loita da clase obreira.
Foron moitas as loitas, moitos os avances e retrocesos.. Tamén foron moitas as veces que os gobernos, dirixidos e tutelados pola patronal e o grande capital, tentaron esnaquizar o movemento organizado e asembleario da clase obreira e, coma hoxe, coa colaboración de burócratas vendidos as esmolas que lle dan para que renunciemos aos nosos direitos, lexitimando a acumulación das riquezas en poucas mans ao servizo oligarquía, dos seus intereses e da súa banca.

Neste Día da Clase Obreira e do Internacionalismo Proletário temos que avanzar un chisco máis na consciencia combativa da clase obreira; repudiar á burocracia sindical traidora e apoiar o movimento obreiro da vangarda organizada e o sindicalismo de base, antiburocrático e todas as loitas de contestación obreira e popular. Os traballadores e traballadoras conscentes sabemos que este sistema politico tan só favorece a ofensiva de rapina dos burgueses e oligarcas que viven da nosa explotación. Cada vez sabemos máis tamén da esterilidade e corresponsabilidade obxectivamente traidora do reformismo nas nosas fileiras, e por iso as comunistas do P.C.P.G ao tempo que traballamos polo impulso organizado da loita de clases e entendemos que, necesariamente, este ten que estar ligado imprescindíbel posta en pé da organización política revolucionaria da clase obreira.
É por iso tamén que traballamos conxuntamente con outros destacamentos revolucionarios galegos impulsando a unidade de acción dentro do Foro de Unidade Comunista Galega, nun proxecto de reconstrucción política, ideolóxica e organizativa.

Para alén diso os traballadores e traballadoras galegas saímos este primeiro de maio para colocar a necesidade da acción decidida e mancomunada dos traballadores e do povo, reclamando medidas contra o roubo e o atraso, contra a precarización e a miseria estructural crecente e esixindo o fin do expolio depredador por medio do reparto da riqueza e do traballo existente en base ao que podería ser unha proposta democrática e antimonopolista, apelando en primeira instancia a:

1- A derrogar a Lei de Reforma laboral
2- A derrogar a Lei de Reforma das pensións
3- A parar as reformas de negociación colectiva que nos queren impoñer
4- A esixir a xornada laboral de 35 horas e a proibición das horas extras
5- A loitar por un salario mínimo de 1200 € e por unha prestación digna para os traballadores desempregados
6-A expropiar e nacionalizar a banca e os sectores productivos fundamentais, abolindo a privatización dos servizos públicos
7-A esixir o cese das persecucións contra as xustas demandas do noso povo traballador e a poñer en liberdade aos presos e presas do movimento obreiro e popular
8- A impulsar a solidariedade internacionalista para e repudiar a agresión imperialista contra os povos que se erguen con determinación e dignidade
9-A loitar polo recoñecimento do Direito de Autodeterminación para o noso país: GALIZA, para podermos viver nunha Terra dona de seu, Soberana e Independente, cara a unha sociedade verdadeiramente libre, xusta, igualitaria e sen clases: O SOCIALISMO
Viva o Internacionalismo proletario!!
Viva Galiza Ceive e Socialista.
Partido Comunista do Povo Galego