O PCPG E AS ELEICIÓNS XERAIS DESTE 20-N. CONTRA A REACCIÓN, ANTES E DESPOIS DO 20-N. A LOITAR!!
Traballadores
e traballadoras. Compañeiras e camaradas:
Tres
anos despois do estourido da crise xeral do sistema capitalista,
estas son as primeiras eleicións xerais ás que nos convocan.
Trátase
dunha crise, a mais profunda que se ten dado nos últimos 80 anos,
que está condenando a millóns de traballadores ás fileiras do
paro, á miseria económica máis profunda, aquela de non saber se
nun futuro teremos direitos ou pensións de retiro, seguridade
social, un teito ou mesmo un anaco de pan para comer. Unha crise
pavorosa de natureza terminal que os comunistas xa vimos anunciando
hai moitos anos, que se manifesta acompañada dunha terribel
arremetida dos poderes económicos e dos seus aparellos de
dominación contra os traballadores e traballadoras, contra os seus
direitos mínimos como persoa, contra os nosos direitos colectivos e
nacionais.
Ante
este proceso eleitoral, dicimos:
1º
Que neste duplo contexto marcado pola ofensiva reaccionaria do
capital contra a clase obreira mundial e contra os povos, no que se
agudizan os atropelos contra a inmensa maioría, unha cousa está
moi clara: os xestores e valedores políticos do sistema (PP-PSOE e
adláteres..) non
teñen nin van aplicar medidas encamiñados a solución real dos
problemas
dos/as traballadores/as e do conxunto da sociedade con programas
dictados pola troika (UE-BCE-FMI) nen defender o noso país (Galiza)
desta voráxine brutal cunha xestión institucional submisa e
subordinada á legalidade do reino de España e da UE.
2ª
A
convovatoria eleitoral
adiantada (e menos que ninguna anteriormente) non
vai servir para resolver ningún dos graves problemas que
temos plantexados.
A aseveración anterior ten máis validez hoxe que nunca por canto a
realidade arrepiante do fracaso do modelo capitalista a nivel
universal mostranos como os procesos e institucións “democráticas”
(que son correas de transmisión capitalista) non teñen ningún
valor nen capacidade para intervir en temas que seica son da
exclusiva potestade e imperio do que eles chaman eufemísticamente
“os mercados.
No
caso galego, a grande burguesia e a reacción esfreganse as mans,
pois o goberno da “xuntiña” do P.P, ao servizo disciplinado
deses intereses, está a destruir a economia e os sectores
tradicionais productivos. Recorta, “axusta” e privatiza mais e
mellor que ninguén; ataca sen piedade a nosa identidade nacional e
cultural, mesmo tratando de roubarnos a Lingua; destrúe o noso
territorio que entrega ás empresas dos seus amigos e desfaise do
sistema de aforro autóctone pondo o seu exiguo control do sistema
financiero aínda mais nas mans de intereses alleos ao País.
3ª
Non é posible acreditar en fórmulas de suposta “saída da crise”
na
irracionalidade do sistema no que estamos inmersos,
nin
tampouco no seu sistema eleitoral antidemocrático, inoperante e
agónico, nin vai servir o colaboracionismo traidor e domesticado
das forzas parlamentarias de “esquerdas” que basean o seu modus
operandi no espectáculo parlamentarista-burgués de cuio cretinismo
fan apoloxía, nin é posible ningunha “saída” ao permaneceren
cautivos das súas políticas reformistas xa ocupadas polo espazo
eleitoral da socialdemocracia da que son complementarios. Non
podemos acreditar en proxectos e maquinarias que non teñen na súa
axenda un programa de loita real e consecuente, fuxindo sempre da
palabra ruptura co réxime (que hoxe máis necesaria que nunca).
Neste
contexto,
a participación de organizacións españolas denominadas
“comunistas” (con sigla “E” ben visibel)
en algunhas circunscripcións galegas, con listas plagadas de
“paraquedistas” de distintas rexións do estado, confeccionadas
desde fora da Nosa Terra é
a expresión dun
desevergoñado e estéril, como patético oportunismo eleitoreiro
(afortunadamente
grupuscular e residual) que alén de irrespetuoso co noso povo e a
Nosa Terra, trata torpemente de patrimonializar os valores
revolucionarios e comunistas ao servizo obxectivo da lexitimación
do sistema, da confusión entre o proletariado galego e do
fraccionismo.
4º
Denunciamos o aparello da oligarquía e do imperialismo español que
intenta apreixar á clase obreira, ás súas organizacións e ao
conxunto do povo coa domesticación e o colaboracionismo e
proclamamos non representativas e ilexítimas estas eleccións ainda
máis reducidas nos seus mínimos democráticos, por canto a
“reforma eleitoral” aprobada a principios deste ano pola maioría
esmagadora das “Cortes” españolas esixe a consecución dun
numero de “avales” por circunscripción orientado a impedir a
presenza das forzas da esquerda real, anticapitalista, soberanista e
independentista que até este momento viñan concurrindo. Unha nova
agresión que ten connotacións de ilegalidade e perversión
intolerábel ao esixir datos persoais de todo tipo a milleiros de
cidadáns e cidadás que poden ser utilizados (como xa ten
acontecido en Euskadi) a modo de listas negras ao capricho dos
aparellos do estado.
5º
Os
comunistas galegos organizados no PCPG
hai case dúas décadas que apostamos por non concorrer en solitario
nas distintas convocatorias eleitorais, aínda que temos participado
até o presente en candidaturas ou frentes unitarios con outras
forzas amigas.
Lamentablemente
a esquerda nacional política e social,
soberanista,
independentista e anticapitalista, coa que partillamos moitas loitas
e proxectos conxuntos nos últimos anos non
temos avanzado e madurado aínda para estarmos á altura que nos
permita contar ou mesmo albiscar, unha ampla fronte de Unidade
Popular e
quizáis dunha candidatura unitaria a ela vinculada
que,
a pesares dos positivos pasos dados, dos bós desexos e xenerosas
iniciativas que sen dúbida terán de se concretizar e de abrir paso
en breve.
Nesta
situación e diante dun panorama tan insatisfactorio e arrepiante
como temos descrito, o Partido Comunista do Povo Galego (PCPG),
que é unha organización modesta e con poucos medios, decideu non
concorrer a este proceso eleitoral porque ademáis coidamos que
hoxe, mais que nunca, non son os votos senón as loitas o que
poden abrirnos perspectivas de mudanza real e emancipación.
Compañeiros
traballadores e traballadoras galegos/as: Por enriba dos
particulares encadramentos e simpatias partidarias eleitorais,
chamamos a non acreditar nos apelos farisaicos dos que sempre apelan
ao noso voto.
O
noso papel non é precisamente "orientar o voto", mais
nesta ocasión coidamos válidas todas as formas críticas e
combativas de expresar a nosa protesta e
a participación en forma de "voto" rebelde: a abstención
activa e o boicot, en branco e o "nulo" poden valer contra
os intereses e a mansedume que nos quere impor o sistema.
Mais
aló da opción concreta que cada quen decida facemos un apelo,
mesmo
a aqueles comunistas e traballadores combativos que consideren que
teñen que achegarse á mesa eleitoral a votar por "umha opción
galega e de esquerdas",
a
acrescentar o compromiso diario na organización, a
comprometerse
na
UNIDADE E A LOITA MAIS DECIDIDA
para enfrontar o roubo e a explotación que supoñen os plans de
agresión que todos teremos que enfrontar en breve. A loitar
decididamente pola nosa Soberanía e Autodeterminación Nacional
(que en chave leninista é "única e exclusivamente o direito
de Independencia") e a combater polos direitos sociais e
liberdades cada vez máis agredidos e cuestionados.
Os
comunistas galegos e galegas non somos indiferentes aos riscos do
momento presente nin
alleos ás perspectivas de rearme das forzas ultra-neoliberais e
mesmo fascistas apoiadas nun posibel éxito eleitoral do PP ao
servizo de propósitos de fortísimos e desaforados poderes
económicos.
Máis aquí non ten que haber confusión: A garantía do noso avance
e ruptura con esta “negra sombra” está, insistimos máis unha
vez, na unidade, organización e mobilización sustentadas na
consciencia de clase e nacional do noso povo e das súas
organizacións.
OUTROS
APELAN AO TEU VOTO, NÓS CHAMAMOS A LOITAR!
Por
que vai sendo hora tamén de reclamar o fin deste sistema opresor,
primeiro responsábel de tantas calamidades e o da súa “clase
política” soamente temos unha opción real e verdadeira como ten
demostrado a histora: loitar
unidos, determinados e confiados, erguer
a nosa voz co puño ben alto e reclamar que
a crise do capital sexa paga polos seus responsábeis,
polos capitalistas que a provocaron, polos banqueiros que nos
rouban; polo sistema, nunca pola clase obreira vítima sistemática
de esa casta parasitaria. Temos que recuperar o espírito de antano,
botarnos sen medo a rúa, para esixir os nosos dereitos,
desenmascarar os verdadeiros culpábeis e calarlle a boca a todos
aqueles que preconizan o fin da loita de clases e garantimos o pan
para os nosos fillos e familias.
É
hora camaradas e compañeiros de
exercermos o inmenso poder que temos se estamos unidos e
organizados, o
poder que nos corresponde como productores para superar esta
irracional sociedade de clases;
tomar se é preciso (que vai sendo hora) os medios de producción
nas nosas mans; expropiar a riqueza que nos rouba de xeito cotiá o
noso inimigo de clase e que a oligarquia burguesa saiba que ante a
nosa unión non pode facer nada.
Sen
nós non hai nada!. VENCEREMOS NÓS.
“Para
que nos devolvan o roubado!.
Para
derrubar esta prisión!”
Texto na folla editada: Ver folla en PDF