Convocados polo Consulado Xeral de Cuba no noso país e pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, o 17 de decembro máis de 150 persoas entre cubanos residentes e amigos galegos nos congregamos para conmemorar un novo aniversario do triunfo da Revolución cubana.
No acto, que comezou coas notas do noso Himno Nacional e do Himno cubano, fíxose entrega á Asociación “Francisco Villamil” dun cadro coa efixie e unha frase de Fidel Castro, líder histórico da Revolución cubana, como recoñecemento á solidariedade demostrada cara ao noso povo durante moitos anos. O texto deste cadro donado polo Cónsul Xeral é: “....Milito en el grupo de los impacientes y milito en el
bando de los apurados y en el de los que siempre presionan para que las cosas
se hagan y de los que muchas veces tratan de hacer más de lo que pueden. Haga cada cual la parte que le toca y la obra será
invencible. Fidel Castro Ruz".
Despois dos discursos de Valentín Alvite, Presidente da "Villamil", e Alejandro Fuentes, Cónsul Xeral de Cuba, nos que se resaltaron os logros da Revolución e os retos que enfronta na actualidade e se demandou o fin do bloqueo e a liberación dos Cinco cubanos inxustamente detidos nos Estados Unidos por loitar contra o terrorismo, os asistentes confraternizaron acompañados con mojitos cubanos, viño galego e música cubana gravada e cantada por artistas cubanos asistentes.
Contouse co respaldo profesional en audio e música gravada do cidadán cubano Pedro Enrique Domínguez.
Ver a información na páxina da Embaixada de Cuba no Estado Español: Enlace coa información