A CIG promove unha nova Folga Xeral para a primeira quincena de Xuño

A Executiva Confederal da CIG resolveu, na súa xuntanza do pasado venres, promover unha nova convocatoria de folga xeral para a primeira quincena de xuño. Así o anunciou o secretario xeral, Suso Seixo, esta mañá en rolda de prensa, considerando que estamos nun momento “determinante” por mor das “inxustas políticas” que está impoñendo o Partido Popular, con recortes en Educación, recortes en Ensino e a imposición dunha reforma laboral que lonxe de promover a creación de emprego, busca precarizar as condicións laborais e que, polo tanto, debe ser retirada.
O secretario xeral da CIG explicou que ante a actitude que está mantendo o Partido Popular, de “absoluto desprezo” ás demandas das miles e miles de persoas que participaron na folga xeral e nas masivas mobilizacións convocadas o pasado 29 de marzo e ante os graves recortes que está a pór en marcha o goberno e que afectan fundamentalmente á Sanidade e o Ensino públicos, “as organizacións sindicais tiñamos que estar convocando outra folga xeral”. ..[Continuar a ler]