Sábado dia 9: concentración de apoio a Lafkir Kaziza, saharauí en folga de fame

Chamamento para mostrar o noso apoio  ao saharauí de  22 anos que cumprirá o venres unha semana de folga de fame. En Vigo a concentración será o sábado 9 de xuño ás 19hs na farola (cruzamento das ruas Colón e Príncipe)

O pasado 1 de xuño o saharauí Lafkir Kaziza comezou unha folga de fame indefinida nas inmediacións da Embaixada de Marrocos en Madrid. Con ela, esixe un xuízo xusto ou a liberación para os presos saharauís que foron encarcerados tras o brutal desmantelamento do campamento de Gdeim Izik en decembro de 2010. Queremos manifestar o noso apoio ás súas xustas reivindicacións e esiximos ao Goberno español, responsable legal do que ocorra no Sahara Occidental, ao ser recoñecido o Estado español pola legalidade internacional como potencia administradora do territorio, a que actúe e presione por todos os medios diplomáticos posibles ao Estado marroquí para que se cumpran as súas esixencias