1 de Maio contra o capital. Solidariedade de clase e greve xeral

1 de Maio contra o capital e a reacción. Solidariedade de clase.
Polos nosos Dereitos laborais e sociais arrebatados!, a combater contra a opresión da patronal e o grande capital!
Greve Xeral!.
Soberanía Nacional, para que nos devolvan o roubado!
132 anos despois, esas palabras de orde continúan a ter validez e profunda actualidade, como vemos nas mobilizacións que se convocaron no noso país e dunha a outra parte do globo.
Loitar contra o saqueo organizado polo grande grande capital mundial e tamén combater con todas as nosas forzas os seus horrendos crimes contra a humanidade é hoxe, como daquela, unha necesidade perentoria en todo o mundo capitalista.
Combater na defensa das liberdades ameazadas polo ascenso do feixismo e a profunda corrupción política e moral que produce constantemente este sistema irracional, que está detrás da crise pavorosa na que el mesmo está mergulhado, é unha obriga da clase obreira, da humanidade progresista e de todos os povos.
Hoxe o noso reto é organizarnaos melhor e á ofensiva contra a agresión imperialista global que este rexime de opresión impulsa por toda a parte, co obxecto de asegurarse o control do mundo, dos seus recursos naturais e consolidar os seu domínio xeo-estratéxico total.
Neste 1 de maio e desde este 1 de maio chamamos a apoiar todas as manifestacións convocadas polo sindicalismo de clase galego neste dia do internacionalismo proletario e nas que se van organizar para a Greve Xeral de Xunho.
Combater na defensa das liberdades ameazadas polo ascenso da reacción feixista, imperialista e a opresión do capital.
Participarmos masivamente nas mobilizacións e accións de clase, de xeito combativo e solidario como historicamente tiveron sempre estas convocatorias.
Hoxe, coma onte e manhá:
VIVA O INTERNACIONALISMO PROLETÁRIO!!
Viva a soberanía de todos os povos!.
Avante a República Galega Ceive e Socialista!