CAPITALISMO: UNHA CRISE DESVASTADORA

Robert Brenner-Cuba Socialista

Greenspan e a Reserva Federal, axudados por outros importantes Bancos Centrais, contrarrestaron o novo ciclo descendente con outra rolda de inflación dos prezos dos activos, e isto foi esencialmente o que nos trouxo onde estamos hoxe. Ao reducir a cero as taxas de xuros a curto prazo por tres anos, facilitaron unha explosión sen precedentes históricos do endebedamento dos fogares, que contribuíu e alimentou a suba dos prezos das casas e a riqueza familiar.

Pódese dicir a xeito de conclusión -debido a que as perdas dos bancos, xa enormes, son tan reais, e a que probabelmente crezan moito máis a medida que empeore a queda- que a economía enfronta a perspectiva, sen precedentes no período de posguerra, dun conxelamento do crédito no mesmo momento en que está esvarando nunha recesión, e que os gobernos enfrontan un problema dunha dificultade sen precedentes para evitar este resultado.

A actual crise pode transformarse na máis devastadora desde a Grande Depresión... [Ler máis]