O CASO DOS CINCO HEROES CUBANOS. DE ONDE VÉN E A ONDE VAI

Roberto González Sehwerert *

[6 de febreiro de 2008]

A mellor maneira de entendelo sería ordenar cronoloxicamente os acontecementos máis importantes do proceso de apelación a partir do seu comezo, con algún comentario adicional a maneira de explicación.

Cando comezou o proceso de apelación?

O primeiro paso do proceso apelativo prodúcese durante o mes de Decembro de 2001. Os cinco foron sentenciados pola xuíza federal Joan A. Lenard, quen celebrara o xuízo, na Corte Federal do Distrito Sur da Florida, na cidade de Miami. As Regras de Apelación establecen que para dar comezo a un proceso apelativo contra a sentenza ditada por un xuíz federal de Distrito débese apresentar, diante da propia corte onde tivo lugar o xuízo, unha Notificación de Apelación. O prazo para apresentar esta notificación é, dez días posteriores á data de ditada a sentenza e non é necesaria unha argumentación de razóns, é suficiente coa clara manifestación de inconformidad do sentenciado. Fai 5 anos con 7 meses comezou o proceso de apelación contra as sentenzas impostas aos cinco....[Ler o texto completo no interior]