ENCE É O EXEMPLO MAIS PARADIGMÁTICO NA GALIZA DE HOXE DA IRRECONCILIABEL CONTRADICCIÓN ENTRE CAPITALISMO E VIDA
Aínda que só fose polo seu carácter de industria nociva, con informes médicos que documentan a incidencia de enfermidades respiratorias no seu entorno, incidencia moi superior á existente no resto da Galiza.
Aínda que só fose porque ENCE precisa e incentiva a xeneralización dun modelo selvícola baseado no monocultivo intensivo de eucalipto que destrúe a riqueza natural do país e condena a Galiza ó papel de productora de madeira de baixa calidade e baixo prezo.
Ainda que só fose porque ENCE vive da eucaliptización do noso país, coa destrucción do solo e a liquidación das especies arbóreas autóctonas que iso conleva, sendo isto unha causa importante dos incendios forestais que padecemos.
Ou polo seu enclave absurdo, contrario a calquera ordenación racional da comarca.
Ou pola criminal e irresponsabel destrucción do ecosistema da zona, que mirada en perspectiva laboral, destruíu innumerabeis postos de traballo, MOITOS MAIS DOS QUE XERÓU.
Ou por ter sido instalada ilegalmente en pleno apoxeo franquista, aproveitando a imposibilidade dun rexeitamento social activo.
Calquera destas circunstancias xustificaría por sí soa o rexeitamento social máis decidido.
Pero é que conflúen TODAS.
Unha forza social calculada no 85% da poboación de Pontevedra e arredores oponse á presencia da popularmente coñecida como “Cheirenta”, ou mediante alcumios igualmente xustos.
Só os grandes intereses madeireiros e da banca, poden ter motivacións comprensibeis para defender a “causa” da permanencia de ENCE.
ENCE debe ser PECHADA, e non trasladada. E moito menos trasladada a zoas poboadas. Debe ser pechada, e pagar ao pobo, á Terra e ao mar galego, a inxente débeda histórica contraída.
Debe financiar a rexeneración do entorno e garantir e financiar a RECOLOCACIÓN DE TOD@S @S SEUS TRABALLADORES.
O PCPG expresa:
A súa máis cordial solidariedade coa longa e exemplar loita de Defensa da Ría.e cós numerosos colectivos que lle serveron de apoio ao longo destes anos.
O seu rexeitamento á posición demagóxica de determinadas direccións sindicais que entenden que @s traballador@s debemos escoller entre o traballo e a saúde pública, en vez de exixir o cumprimento pleno de ambos dous direitos.
O seu apoio á Marcha en Defensa da Ría de Pontevedra, que parte o sábado 10 de xuño ás 19.30 h. das Alamedas de Marín e de Pontevedra, simultaneamente.
A súa decisión de seguer a loitar por un mundo no que a natureza e os seres humanos esteamos rexidos nas nosas relacións, pola cooperación e a solidariedade, e non pola lei do lucro.
Pola nosa terra, polos noso bosques, polo noso mar.
Até a vitoria sempre!
Adiante compañeir@s, adiante!.
COMITÉ NACIONAL DO PARTIDO COMUNISTA DO POVO GALEGO (PCPG)