PORQUE A RECUPERACIÓN DA RÍA, A SAÚDE E OS POSTOS DE TRABALLO NON PODEN AGARDAR MÁIS...
CELULOSAS-ELNOSA FÓRA DE LOURIZAN !!
A loita polo saneamento e recuperación da Ría para o conxunto da poboación está a dar os seus froitos, e cada volta semella más perto o momento no que o noso soño se faga realidade. Hoxe, co traslado da fábrica de TAFISA do centro da cidade e coa meirande parte dos vertidos urbanos separados das augas pluviais e conectados á depuradora, empeza a ser posíbel a posta en valor do noso medio natural; empeza a ser posíbel tamén outro modelo de desenvolvemento económico para a nosa bisbarra, un modelo sustentábel baseado na explotación racional do recursos naturais, forestais e turísticos, máis rendible económica e medioambientalmente e máis xusto desde o punto de vista social.
Pero a presenza do complexo CELULOSAS-ELNOSA en Lourizán frea as posibilidades deste desenvolvemento racional e a nosa calidade de vida, e aínda que hoxe a saída de ENCE da Ría semella máis perto que nunca, pois –a diferenza do que sucedía nun pasado recente– todas as administracións están a procura da eliminación deste enorme foco de contaminación.... NON ESTÁ TODO FEITO !.
Esta posición da administración, contraria á permanencia de ENCE na nosa Ría non é casual: é o resultado da loita constante da cidadanía da bisbarra, que ano tras ano vimos reivindicando o peche da actividade industrial de CELULOSAS, a recuperación dos postos de traballo derivados do marisqueo, a pesca, o monte e o turismo, e o dereito ao lecer e a un medioambiente limpo e saudábel. Por iso é fundamental manter a loita, porque doutro xeito é posíbel a volta atrás nesta posición da administración.
Na APDR estamos convencidos de que ENCE vai abandonar Lourizán, pero non estamos dispostos a agardar ao 2018; porque Pontevedra non pode hipotecar o seu futuro ata ese ano; porque non se pode manter por máis tempo unha situación que xa todo o mundo ve como irracional.
Por iso seguimos chamando á poboación a defender os seus dereitos e a participar un ano máis na MARCHA CONTRA CELULOSAS Porque o futuro ben vale un novo esforzo!.
SÁBADO 10 DE XUÑO ÁS 19:30 HORAS
Saída das Alamedas de Marín e Pontevedra