XIV CONFERENCIA DO NOAL NA HABANA








Discurso pronunciado por Raúl Castro Ruz, Xefe da delegación cubana, 15 de septiembre del 2006



Webb da XIV MNOAL da Habana: http://www.cubanoal.cu

Excelencias:
Distinguidos convidados:
Con satisfación e orgullo Cuba asume novamente a responsabilidade de ser sede dun Cumio dos Paises Non Alineados. Agradezo a imensa honra que nos fan coa sua participación e doulles a mais calurosa benvida en nome do nos povo.
Todos quixésemos que estas palabras inaugurais fosen pronunciadas polo Presidente Fidel Castro, quen polas razóns que coñecemos non nos acompaña nesta Sala. En medio da sua paulatina e satisfatoria recuperación mantivose atento a cada detalle dos preparativos desta magna xuntanza, de modo que se celebre con todo éxito e co máximo de brillantez. O compañeiro Fidel pediume que lles transmita os seus mais cordiais saúdos e o agradecemento pola presenza de todos vostedes.
Estimado amigo Dado Seri Abdullah Ahmad Badawi, Primeiro Ministro de Malasia: É o noso deber e mais sincero desexo rendir tributo ao seu excelente desempeño como Presidente do Movimento de Paises Non Alineados. Cuba, que agora asume esa honrosa responsabilidade, está convencida de que o noso esforzo mancomunado permitirá continuar a revitalización e o fortalecemento deste foro de concertación política dos paises do Sul.
Representamos case dous terzos da membresía de Nazóns Unidas, pero non somos a forza decisiva que puidésemos ser nas relazóns internacionais.
Non significa que non avanzáramos. Foi superada aquela etapa de incertidume dos anos noventa, en que non poucos se cuestionaron a validez dos Non Alineados tra-la desaparición do mundo bipolar.
A actual coxuntura internacional caracterizada polas irracionais pretensions de domínio mundial por parte da única superpotencia global, coa cumplicidade dos seus aliados, amosa a necesidade de estar cada vez mais cohesionados na defensa dos princípios e propósitos que determinaron a fundación dos Non Alineados, que son os mesmos que consagran o Direito Internacional e a Carta das Nazóns Unidas.
En anos recentes, vários dos nosos paises foron vítimas de inadmisíbeis actos de agresión, motivados no esencial polo insaciábel apetito de recursos estratégicos, afectándose con iso a paz e a seguranza internacionais.
Coa proclamazón e imediata aplicación de doctrinas baseadas na guerra preventiva e a imposición a outros Estados, esgrimindo como pretexto, entre outros, o combate ao terrorismo, a promoción da democrácia ou a existéncia de estados “viláns”, o risco de agresión e de sucesivas guerras de conquista imperial é mais sério e xeralizado que nunca antes.
Afirmámolo coa experiencia dun país que resistiu mais de 45 anos de bloqueo e agresions de todo tipo. Na aplicación da sua irracional política contra Cuba, Estados Unidos chegou ao extremo de apresentar ofícialmente un plano dirixido a destruir o noso sistema social, declarando sen recato algun que contén un anexo segredo con medidas e accións para o logro deste propósito.
Asumimos que aqui están os representantes da maioria ou se cadra todos os "sesenta ou mais escuros recunchos do mundo" mencionados como posíbeis alvos de futuras agresions.
É a unidade e a solidariedade, a marcha unida en defensa dos nosos obxectivos e intereses comuns, a única alternativa ante os enormes perigos e desafios que temos por diante.
Lonxe de nos preocupar , orgullámonos de constituirmos unha amalgama de ideoloxias, relixións, culturas, niveis de desenvolvemento, experiencias históricas e intereses específicos. Precisamente esa diversidade debe ser fonte de fortaleza e creatividade.
Sobre os sólidos alicerces das nosas históricas vitórias na loita pola descolonización e pola desaparición do apartheid; coa rica experiencia dos nosos denodados esforzos a prol dunha Nova Orde Económica Internacional e a favor da paz, o desarme e o verdadeiro exercício do direito ao desenvolvimento, o Movimento de Paises Non Alineados terá agora heroicas batallas que librar fronte ao unilateralismo, o duplo raseiro e a impunidade dos poderosos; por unha orde internacional mais xusta e equitativa fronte ao neoliberalismo, a expoliación e o roubo; pola sobrevivencia da espécie humana fronte ao consumo irracional dos paises ricos.
Nas circunstancias actuais, a Non Alineación implica necesáriamente a defensa do Direito Internacional sobre a base dos princípios de Bandung; o exercício e o respeito irrestritos da soberania e a igualdade soberana dos Estados; a defensa da paz e a oposición activa á guerra e á ameaza; a democratización indispensabel das instituizóns internacionais, en particular das Nazóns Unidas e do seu Consello de Seguranza; a defensa dos nosos valores e da pluralidade necesária neste mundo diverso, en que a cada povo debe respeitarselle o direito a escoller o sistema político, económico e social que considere mais adecuado aos intereses nacionais, e a preservar e desenvolver a súa própria cultura.
Entre as tarefas do Movimento debe estar a defensa dos direitos dos nosos imigrantes no mundo industrializado e a loita contra a exploración, o racismo e a xenofobia; contra a construcción de infamantes muros, símbolos dun novo apartheid.
Á luz dos últimos acontecimentos no Oriente Meio, debemos reiterar a nosa condea ao recrudecimento da agresión contra o povo palestino, dirixida a rachar coa sua vontade de loita, privalo dos recursos mais elementais de subsisténcia e eliminar a moitos dos seus fillos.
Denunciemos a agresión contra o Líbano, con cuxo povo e goberno nos solidarizamos plenamente, e que é outra mostra do duplo raseiro que impera nas relazóns internacionais e da impunidade de que gozan algúns por flagrantes que sexan os seus crimes, mesmo polo emprego de armas proibidas polas normas internacionais.
Todos sabemos quen sustenta económicamente ao goberno de Israel, veta unha e outra vez as propostas de resolucións no Consello de Seguranza ou impede que este siquer se reúna para analisar a sua brutal conducta.
Sabemos tamén quen son os cómplices, os que calan ante as graves violacións cometidas contra prisioneiros na cárcel que o goberno dos Estados Unidos mantén na sua base naval no território de Guantánamo, usurpado ilegalmente a Cuba; quen cooperou nos voos segredos e as cadeas clandestinas que sen o menor pudor Washington admiteu, non hai moito, que mantén en diversos lugares.
Defendamos o direito dos nosos paises ao uso pacífico da enerxia nuclear. Reclamemos o desarme xeral e completo, incluído o desarme nuclear. Rexeitemos a perigosa doctrina norteamericana do emprego "prevenitivo" do arma nuclear, mesmo contra paises que non a posúan ou contra supostos grupos terroristas.
Denunciemos a hipocresía do goberno dos Estados Unidos, que mentres apoia a Israel na ampliación do seu arsenal nuclear, ameaza a Irán para lle impedir o emprego pacífico da enerxia nuclear.
Non Alineación implica ademais a loita por mudar a actual orde económica mundial. Este constitue un sistema de exploración e saqueo que tende a reproducir o subdesenvolvimento e ampliar a distáncia entre un reducido grupo de paises ricos, onde mora lastimosamente o 20% da povoazón mundial, e unha vasta periferia integrada polos nosos paises onde vive o 80% da humanidade.
Durante os últimos 20 anos o discurso neoliberal tentou convencernos de que a única fórmula do éxito económico é a privatización desenfreada, a mínima intervención do Estado na economia e a apertura absoluta ao mercado mundial e ás corporacións transnacionais.
É ese camiño o que conduciu a que 1 300 millóns de persoas, os mais pobres entre os pobres, realicen o 1,3% do gasto mundial en consumo. É dicer, unha total marxinación dese mercado que o neoliberalismo exaltou como o grande xerador de riquezas.
Hai paises que pagaron varias veces o monto da sua déveda externa e hoxe esta supera en mais de duas veces a que tiñan orixinalmente.
Na economia mundial globalizada e transnacionalizada, dominada por xigantescas corporacións, o libre comércio é simplesmente unha ficción.
O despilfarro e o consumismo desenfrenado dos paises ricos é o factor principal da actual situación enerxética. Non é algo novo, sobre iso o compañeiro Fidel Castro alertou e fixo propostas concretas ao inaugurar o Cumio de 1979. Hoxe o esgotamento do petróleo converteuse nunha dura realidade que fai escapar aos hidrocarburos das leis habituais do mercado, eleva os prezos até extremos impredecibeis e con eles o de todos os bens e servizos que debemos importar do mundo desenvolvido.
Non Alineación significa hoxe apoiar o direito dos paises do Sul a tomar as medidas necesárias para garantir o controlo dos seus recursos naturais en benefício dos seus povos.
Somos vítimas tamén da crecente fenda encanto ao coñecemento. Mediante o saqueo de cerebros extraennos os recursos humanos cualificados. Un tercio de todos os científicos formados en paises do Terceiro Mundo non traballan neles, e mais do 50% dos que viaxan para facer un Doctorado en Norteamérica e Europa non voltan ás suas pátrias.
O panorama social dos nosos povos é cada vez mais esterrecedor. Un habitante da África Subsahariana vive coma promedio 33 anos menos que un dos paises mais industrializados. Anualmente seguen morrendo 11 millóns de nenos, a maioria por causas evitabeis co gasto de poucos centavos; a pandemia do SIDA arrasa nazóns inteiras do mundo subdesenvolvido, onde se concentran case totalmente os 852 millóns de famentos, os 876 millóns de adultos analfabetos e os 325 millóns de nenos que non asisten á escola.
A natureza é estragada, o clima deteriorase, as augas para o consumo humano contaminanse e escasean; os mares ven esgotarse as fontes de alimento para o home; os recursos vitais non renovábeis derrochanse en luxos e vaidades; a elevación do nível do mar ameaza a existéncia mesma de moitos paises insulares.
Os fondos necesários para a solución deste problema non son grandes se se comparan coas riquezas e gastos dos paises desenvolvidos. Só en financiar armas e soldados cando xa non hai guerra fria, investese anualmente ao redor dun millón de millóns de dolares e unha cifra similar derrochase en publicidade comercial.
Crer que unha orde económica e social que demostrou ser insostenibel poda manterse pola forza é unha idea sinxelamente absurda. Como dixese o Presidente Fidel Castro en outubro de 1979 ante a Asamblea Xeral das Nazóns Unidas: "O ruído das armas, do linguaxe ameazante, da prepotencia na escena internacional debe cesar. Abonda xa da ilusión de que os problemas do mundo se poidan resolver con armas nucleares. As bombas poderán matar aos famentos, aos enfermos, aos ignorantes, pero non poden matar a fame, as enfermidades, a ignoráncia".
Excelencias:
Estamos convencidos de que un mundo mellor e mais equitativo é posíbel e a loita por conquistalo deber ser o obxectivo prioritario dos Non Alineados.
O povo e o Goberno de Cuba brindarán, como de costume, a sua mais sincera amizade e solidariedade a cada un de vostdes, con quen compartimos trincheiras no combate contra o colonialismo, o apartheid, as enfermidades e o analfabetismo, e de quen recebemos tamén a solidariedade no xusto empeño de preservar a soberania e independencia atinxidas pola nosa pátria tras longos anos de cruenta e heroica loita.
Na VI Conferéncia Cumio do noso Movimento, nesta mesma Sala, o Presidente Fidel Castro pronunciou un chamamento que quixese repetir hoxe, 27 anos despois, con mais convicción e experiencia, e seguro de que é o noso único camiño. Dixo entón: "A forza dos nosos paises unidos é moi poderosa. Os aqui reunidos representamos a imensa maioria dos povos do mundo. Unámonos todos estreitamente, concertemos as crecentes forzas do noso vigoroso Movimento nas Nazóns Unidas e en todos os foros internacionais para exixir xustiza económica para os nosos povos, para que cese o domínio sobre os nosos recursos e o roubo da nosa suor! Unámonos para exixir o noso direito ao desenvolvimento, o noso direito á vida, o noso direito ao porvir!"
Moitas grazas/obrigado.

_____________________________________________________________





Intervención do compañeiro
Pérez Roque, Ministro
de Exteriores
de Cuba
www.granma.cubaweb.cu/secciones/noal-14/noti-noal/n040.html

Traducción ao galego:
O Movemento de Países Non Alineados
é máis necesario que nunca!
[Texto íntegro do discurso do Ministro de Relacións Exteriores ao deixar inaugurado a comisión de expertos, que abriu as sesións da XIV Cimeira do Movemento de Países Non Alineados]
Excelencias:
En nome do noso povo e goberno, doulles a máis cordial benvida á Habana e deséxolles unha feliz e fructífera estancia no noso país. Recibímolos no medio do renovado esforzo que o noso povo desprega para enfrontar as dificultades e, en particular, para vencer a cruel política de illamento e bloqueo a que durante máis de 45 anos fomos sometidos. Rendemos tributo ao magnífico traballo que desenvolveu Malasia na Presidencia do Movemento, cuxo desempeño e compromiso servirá de exemplo ao noso labor futuro. Podo asegurar que a coordenación de posicións entre os nosos países continuará de xeito estreito no marco da “Troika”. É xusto e merecido igualmente recoñecer o labor de Sudáfrica como parte da “Troika” durante os últimos 11 anos e, en especial, durante os catro anos e medio en que ocupou a Presidencia do noso Movemento. Damos agora a benvida a Exipto, que formará parte da “Troika” durante os próximos tres anos e terá a responsabilidade de organizar o próximo Cumio e presidir o Movemento. Señores delegados: O pasado 10 de setembro, o Movemento de Países Non Alineados chegou aos seus 45 anos de existencia. Durante máis de catro décadas temos loitado duramente na defensa dos lexítimos intereses e dereitos dos nosos povos. Hoxe, podemos afirmar con toda confianza que o Movemento de Países Non Alineados é máis necesario que nunca e os seus países membros estamos comprometidos coa súa preservación, revitalización e afortalamento, como foro esencial para discutir os nosos problemas máis acuciantes e seguir loitando porque as nosas xustas reivindicacións sexan escoitadas no mundo inxusto e desigual en que hoxe vivimos. Na actualidade somos 116 países de catro continentes, e constituímos case dous terzos do total de membros das Nacións Unidas. Recentemente tivemos a satisfacción de dúas novas incorporacions, Antiga e Barbuda e Dominica, a cuxas delegacións recibimos hoxe na Habana no seu primeiro Cumio coma membros plenos. Ademais, nesta XIV Conferencia Cumio sumaránsenos outras dúas nacións caraibeñas, Haití e Saint Kitts e Nevis, ás cales dámoslles a máis cordial benvida. O seu ingreso é proba do interese dos países do Sur por integrarse e pertencer a este foro, no que sen dúbida compartimos valores e intereses comúns e defendemos de xeito unido e solidario o noso direito a vivir e desenvolvernos como nacións independentes. Comprácenos que esta XIV Cimeira sirva tamén de marco para a realización paralela doutros dous Cumios de agrupamentos que reúnen a países do Sul. Estamos satisfeitos de servir de sé ao Cumio do Grupo dos 15 e ao Cumio do Grupo de Países en Desenvolvemento sen Litoral. Excelencias: Dentro de poucos minutos comezarán as intensas xornadas de traballo e negociación nas dúas comisións en que traballaremos. Confiamos nun debate franco e solidario na defensa dos nosos puntos de vista, posicións e intereses. Reunímonos tra-la brutal agresión perpetrada contra o irmán povo do Líbano, e mentres asistimos indignados ao cotiá xenocidio a que é sometido o povo palestiniano. Coincide tamén o noso Cumio cun recrudecemento das presións contra Irán por exercer o seu direito soberano a desenvolver un programa para o uso pacífico da enerxía nuclear, e cando se ameaza a outros países non alineados con "guerras preventivas" e agresións. Por iso, parécenos indispensabel que fechemos filas na defensa dos nosos direitos. Os riscos, ameazas e dificultades que enfrontamos son semellantes e teñen orixes comúns. Debemos demostrarlle ao mundo a nosa fortaleza, a nosa capacidade de enfrontar xuntos os enormes desafíos que nos impón un mundo rexido polos máis poderosos. A diversidade que caracteriza ao noso Movemento, lonxe de converterse nun obstáculo que nos impida a concertación, debe impulsarnos a actuar unidos á luz de principios e propósitos que definimos de conxunto. Vostedes, os Representantes de Alto Nivel dos países non alineados, teñen a responsabilidade neste histórico Cumio de levar adiante as negociacións dos documentos que submeteremos finalmente á aprobación dos nosos Xefes de Estado ou Goberno. Diante de vostedes terán o Documento Final, que se comezou a negociar o pasado mes de agosto no Buró de Coordinación, en Nova Yorke. Este documento foi o máis traballado por cada unha das delegacións e atópase prácticamente listo para a súa adopción. Non entanto, debemos traballar aínda para solucionar os temas que fican pendentes. Tamén examinarán aspectos relacionados cos métodos de traballo do noso Movemento. Aspiramos a que se traballe para sistematizar o alcanzado e para darlle maior efectividade á aplicación dos acordos e decisións que adopten os países non alineados nas súas principais reunións de concertación. Esperamos que o que vostedes aproben en materia de metodoloxía se erixa nunha útil ferramenta para o traballo futuro do Movemento. Con antelación remitimos aos Cancilleres de cada un dos países membros do Movemento o proxecto de Declaración Política elaborado por Cuba, coa solicitude de que as contribucións que considerasen necesario aportar fósen-nos entregadas ao comezo desta Reunión. Este documento identifica as prioridades, principios, metas e obxectivos comúns dos países que integran o Movemento nas condicións actuais, á vez que reafirma os principios de Bandung e os preceptos básicos que deron orixe á nosa agrupación. Constitúe, a xuízo de Cuba, un valioso documento que, unha vez adoptado polos Xefes de Estado ou de Goberno, será a expresión máis firme do compromiso dos nosos países cos principios e propósitos do non alineamento. Logo de recibidas as súas contribucións, a delegación cubana presentará unha nova versión deste documento para a consideración das delegacións. Señores delegados: O Movemento pode confiar en que Cuba procederá, durante a súa Presidencia, coa transparencia e firmeza de principios que a caracterizou durante case medio século de diplomacia revolucionaria. O noso país actuará de xeito transparente e serio no marco dos mecanismos do Movemento. Traballaremos por un Movemento incluinte e representativo, cuxas decisións sexan o resultado do máis amplo debate. Para enfrontar con éxito o desafío que entraña a Presidencia do Movemento, necesitamos a forza unida das nosas 118 nacións. O Movemento de Países Non Alineados pode contar coa Cuba revolucionaria como nós contamos co apoio e a colaboración de todos vostedes.
Moitas grazas/obrigado
_________________________________
Galería de fotografías dos Eventos anteriores