CRÓNICA DA MOBILIZACIÓN DO 21 DE OUTUBRO EN SOLIDARIEDADE COS CINCO(*)
Perto de cinco mil persoas participamos o pasado dia 21 de outubro na marcha convocada polo Comité Estatal de Solidariedade cos 5 e varias organizacións políticas e comités de solidariedade de todo ou Estado Español.
A manifestación saiu da praza Tirso de Molina en dirección para Atocha onde rematou.
A combatividade dá mobilización expresouse constantemente por medio de berros e consignas coas que amosamos o noso apoio á revolución cubana, á inmediata posta en liberdade dos cinco e á loita antiimperialista.
"Viva Cuba socialista", "Cuba vencerá e "os 5 volverán" foron tres das consignas máis salientábeis.
A manifestación concluíu no final da rúa Atocha, onde foi lido un comunicado unitario.
Ás 18h continuou a xornada de loita cun Festival no Pabillón de Leganés, onde se mesturaron intervencións políticas con diferentes actuacións musicais.
Alí falaron: Sergio Corrieri, presidente do Instituto Cubano de Amizade cos Pobos (ICAP), Adriana Pérez O'Connor, esposa de Gerardo Hernández, un dos cinco prisioneiros, a novelista Belén Gopegui, o noso paisano Javier Couso, irmán de José, o camarógrafo asasinado por tropas estadounidenses en Iraq, Philip Agee, ex axente da CIA, e o avogado e comunista do PCPE de Asturies Raúl Martínez Turrero.
Cada un apresentou unha alegación a favor dos Cinco e de denuncia do ilegal proceso xudicial contra Gerardo, Ramón Labañino, Antonio Guerrero, René González e Fernando González, secuestrados polo Goberno estadounidense e presos inxustamente nas cadeas ianquis desde 1998.
Actuaron os cantautores Orlis Pineda, de Cuba, o uruguaio Quintín Cabrera, o madrileño José María Alfaya, o catalán Carlos Lage, o castelán Benito Malasangre e o noso grande artista e compañeiro galego Tino Baz.
Entre os grupos musicais figuraron Kommintern, Suburbano, Chicos del Maiz, Van Troi e Boikot.
A loita de solidariedade cos 5 e coa Revolución Cubana continúa, non remata a mobilización do 21.
Facemos un chamamento a profundar o traballo de solidariedade política e a dar pasos firmes para acadar a súa mais pronta liberdade e avanzar na articulación de estruturas unitarias que permitan a concreción dunha ampla Fronte Antiimperialista.
*Esta crónica está baseada en grande parte na información subministrada polos camaradas dos Colectivos de Jóvenes Comunistas (CJC), mocidade do PCPE aos que expresamos o noso agradecemento.
.
A grande bandeira cubana do PCPG portada polos camaradas do P. e compas da Asociación de Amizade Galego-Cubana "Fco. Villamil"