POR QUE É NECESARIA UNHA “ALTERNATIVA” PARA CANGAS?
(Documento conxunto)
.
Se analizamos a situación política do Concello de Cangas nas duas últimas lexislaturas non cabe dúbida ningunha de que nos atoparemos cunha degradación da mesma evidenciada cada vez máis dende as dúas maiorías absolutas consecutivas do Partido Popular que, mesmo que “escasas” (por un concelleiro), lles permitiu desenvolver a súa típica política caciquil de primar intereses particulares por enriba do ben social e de deteriorar a propósito aspectos fundamentais como a participación cidadá nos asuntos municipais. José Enrique Sotelo, cunha política totalmente personalista levada adiante cun grupo de concelleiros/as aos que se lle esixe lealdade inquebrantable ao “xefe”, máis que preparación e eficiencia, foi consolidando as súas posicións e a súa función de defensor de determinados intereses espúreos de certos grupos económicos e políticos pasando por riba dos intereses xerais (cuestión que quedou evidenciada, por exemplo, na proposta de PXOM e nos chamados “convenios” urbanísticos). A súa idea para Cangas choca frontalmente cos intereses da maior parte da cidadanía ao situar como obxectivo estratéxico, non a mellora da economía, dos servizos e da calidade de vida dos cangueses e canguesas, senón o crecemento desmesurado e a costa do que sexa, dunha vila e unhas parroquias que corren serio risco de perder a súa propia identidade para se converteren en pretendidos barrios periféricos, cidade-dormitorio ou masificado e degradado destino turístico que nin sequera beneficia a economía do sector, senón os intereses de determinados grupos inmobiliarios.
No resto da actuación política do PP nestas lexislaturas consideramos que se caracterizou polo “ir tirando menos que máis” co que se viña facendo en determinadas áreas consideradas por eles como menores (cultura, servizos sociais, educación...) para centrar todos os seus esforzos na súa aposta estratéxica xa comentada. Iso conlevou a degradación ou mesmo a desaparición física de moitos órgaos de participación veciñal: Consellos sectoriais xa creados, Padroado de Patrimonio, etc. porque constituían órgaos molestos de actividade e de control que non podían ser manexados dende o poder. A “alerxia” do goberno municipal a todo o que sexa “participación veciñal” levou ao propio alcalde (e non unha vez nin dúas) a intentar descalificar a entidades ou asociacións que non comungaban coa súa política, a negar o uso de locais municipais para reunións, exposicións, etc. ou a chegar ao insulto persoal a quen ousou opórse nalgunha ocasión aos seus calculados, ainda que daniños, plans de actuación.

No tocante ao papel da chamada oposición municipal, non se pode facer unha análise rigorosa da súa actuación en conxunto, pois que esta nunca foi homoxénea nin se moveu sempre polos mesmos intereses.
O grupo máis numeroso da oposición nas dúas lexislaturas foi e é o do BNG (aínda que dunha á outra perdeu un concelleiro en favor do PSOE), pero o seu papel no Concello non se correspondeu nin se corresponde, ao noso entender, coa responsabilidade que iso conleva. Máis centrado en gañar posicións noutros terreos (entrar no goberno galego ou chegar a co-gobernar nas Deputacións, por exemplo), o bloque camiñou cada vez máis cara ao que poderiamos chamar “institucionalismo” nacional, provincial e municipal, o que queda de manifesto coa asunción de posturas “suaves” de oposición en temas fundamentais e o desenvolvemento pretendidamente “constructivo” dun labor de presentación de mocións menores e de marcado carácter puntual que, mesmo sendo positivas, non dan entrado de cheo en cuestións de fondo e polo tanto non chegan a incomodar realmente ao goberno mjnicipal. Se tivesemos que definir o traballo opositor do bloque nos últimos anos, usariamos sen dubidar estas palabras: “ambigüidade calculada”.
Do PSOE que podemos dicir que non se saiba? Cun grupo municipal reducido, a súa cabeza de lista quixo xogar sempre un papel intitucional positivo, de soporte pouco crítico do goberno, que os utilizou cando lles conviu (pensemos, por exemplo no Plan Xeral). Iso levounos, na lexislatura anterior, a posturas enfrontadas entre os dous concelleiros e nesta, a unha verdadeira deriva política (hai quen fala de intereses ocultos por detrás) que dembocou coa toma, por Lois Pena, do poder local dentro do partido. As consecuencias poden ser nefastas, se a organización non o remedia, e poñer en perigo mesmo a formación, na próxima lexislatura, dun goberno municipal multipartito.
Dentro deste panorama, correspondeulle á FPG o papel de oposición pura e dura dentro da Corporación, aliñándose cos grupos veciñais na defensa dos intereses comúns e desenmascarando en moitas ocasións as manobras do goberno. Pero o seu traballo, con ser inxente, estivo e segue a estar eivado en dous aspectos fundamentais, debido á presenza dun único concelleiro dese grupo, sobre vinteún do total. Unha das eivas é evidentemente numérica, xa que, a pesar da relación e o apoio doutros colectivos –e mesmo partidos extramunicipais, como EU- unha persoa non pode facer o traballo de moitas, nin estar en varios lugares ao mesmo tempo, nin estar ao tanto de todo o que acontece no Concello. A outra tamén ven derivada de ser un só, xa que as súas posicións, por moi lexítimas e mesmo maioritarias socialmente que sexan, poden ser presentadas interesadamente como “marxinais” e de simple “obstrucción”, para tentar crear unha imaxe negativa no conxunto da poboación ou, cando menos, na súa parte menos activa e informada.
Houbo, historicamente, outros grupos de esquerdas con representación nas distintas corporacións que xogaron papeis importantes no seu día, pero disitintos avatares políticos, escisións, separacións etc. acabaron coa súa presenza a pesar de que no seu conxunto, representan un número considerable de canguesas e cangueses: máis de 800, entre E.U. e o que foi EdeG, nas dúas últimas citas electorais.
QUE ALTERNATIVA É NECESARIA?
Da análise anterior despréndese a evidencia de que a situación actual pode perpetuarse e mesmo empeorar se non se crean as condicións precisas para lle dar pulo a unha alternativa diferente, unha alternativa plural que, unindo esforzos de organizacións e de persoas concienciadas, acade unha representación de peso na próxima corporación e poida desenvolver un papel principal, sexa nun hipotético goberno, sexa como oposición coherente e insobornable, cando o que nos estamos a xogar é, nin máis nin menos que o futuro do Municipio.
Esa alternativa precisa da aportación de todos os grupos de esquerdas (con presenza institucional e sen ela) que existen en Cangas e tamén de cantos máis mellor, colectivos e persoas individuais que veñen traballando nos distintos eidos que conforman a vida social: veciñais, culturais, educativos, de defensa do medio ambiente, da sanidade, da memoria histórica, etc...
A alternativa (que denominamos así mentres non teña un nome propio), debe ser construída tamén en base á participación aberta (sen máis cortapisas que a defensa dun programa común que se elabore e se asuma) á aportación de todos e cada un dos axentes que a conforman.
As bases da actuación política desa alternativa, á parte de estar cimentadas, como é evidente, na honradez, na transparencia e na capacidade (condicións irrenunciables de calquera representante da cidadanía), terán como sustento ese programa común que se propoña, se consensúe e se aprobe.
ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS
[Frente PopularGalega(FPG)
Esquerda Unida(EU)
Partido Comunista do Povo Galego(PCPG)
Independentes de esquerdas]

-----------------------------------------------------------------------------------
.
DECÁLOGO/PROGRAMA BASE PARA UNHA CANDIDATURA “ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS”
1.- Desenvolvemento dunha democracia real e participativa. Loita contra todo tipo de corrupción e especulación.
2.- Por un Urbanismo sustentabel: Elaboración dun PXOM ao servizo do vecindario da vila e das parroquias e non da especulación inmobiliaria.
Consello Sectorial de Urbanismo democrático e de carácter vinculante. Xestión controlada por este Organismo e non polos intereses das grandes promotoras.
3.- Potenciación dos servizos públicos: Municipalización e non privatizacións.
4.- Hospital Comarcal para o Morrazo e esixencia de melloras sanitarias en xeral.
5.- Potenciación da Mancomunidade para prestar servizos comarcais. A Área Metropolitana non pode seubstituír a esta, a non ser na prestación de servizos concretos supracomarcais (potenciación do transporte público por terra e por mar). Non cesión de competencias clave (por exemplo, urbanismo, políticas medioambientais, etc.)
6.- Programa de atención, mellora e promoción dos Centros Públicos de Ensino. Colaboración en programas de apoio a comedores, actividades extraescolares, dotación de material, etc.
7.- Potenciaciación da Cultura e das Artes como un ben público ao servizo de toda a cidadanía.
8.- Defensa do Patrimonio natural, paisaxístico e histórico-artístico. Non ás agresións medioambientais (recheos, desforestacións, degradación do patrimonio, etc.)
9.- Desenvolvemento de iniciativas de emprego e de políticas sociais, con atención ás persoas e colectivos máis desfavorecidos.
Políticas concretas e decididas na defensa dos dereitos das mulleres, da mocedade, dos colectivos de inmigrantes, etc.
10.- Política de vivendas de promoción pública seria, realista, clara e planificada, que beneficie aos sectores máis desfavorecidos e con máis necesidades.