IÑAQUI DE JUANA CHAOS: "OS MOTIVOS DA MIÑA PROTESTA"

Iñaki de Juana Chaos, preso político secuestrado polo Estado español, acaba de ser hospitalizado despois de 57 días en folga de fame. Sobra dicir que a súa situación é de extrema gravidade e que a tensión que xera esta situación vai en aumento. Transcribimos a carta que el mesmo escribiu o pasado 11 de setembro, expoñendo as razóns que lle levaron a esa extrema medida.

"Moitas grazas a todos:

A 11 de setembro de 2006, logo de levar 35 días en folga de fame, as mostras de solidariedade que estou a receber sorpréndenme e emocionanme. Sei ben que só unha parte delas é por min. Non pode ser doutro xeito: as mostras de solidariedade que recibimos agora, en certa medida pola miña situación, son para todos os presos e represaliados políticos, para todos os que sufrimos a represión polas nosas ideas.
Solidariedade, si. Contra o inmovilismo de quen nega a palabra a Euskal Herria; contra os que construíron de novo o delito de opinión; contra quen aplica o dereito penal de autor característico dos réximes fascistas (e que repugna a calquera alumno de Dereito); contra os que poñen sobre a mesa dúas leis: unha aplicable para o inimigo e outra aplicable para o amigo, o corrupto, o "galgo" (alude aos que organizaron o GAL), o neonazi, o financeiro, o torturador e o suxeito privilexiado da razón de Estado.
Algúns amigos levan máis anos que eu entre rexas. Outros sofren cancro ou outras enfermidades como castigo engadido. A outros moitos se lles está aplicando a aberración xurídica como "doutrina Parot" (refírese ao seu compañeiro Parot, patriota preso ao que lle aplicaron as redenciones carcelarias non ao total das penas senón a cada unha delas; esta medida convértese, de feito, en cadea perpetua).
Quero darlles a todos un abrazo caluroso: sei que estas mostras de adhesión son para eles e que esta solidariedade permanecerá en pé mentres haxa un só preso político entre os muros de ferro e hormigón.
Catro motivos me levaron á dura decisión de emprender esta folga de fame indefinida.

1. Teño a firme convicción de que o que se está facendo comigo -e de paso, a xurisprudencia que se instaurará a partir deste caso-, ademais de en min mesmo, terá influenza sobre a liberdade de expresión e sobre o disidente político.

2. Estou seguro de que, ao tomar esta decisión, non fago dano a ninguén. Ao contrario, se hai consecuencias beneficiosas, o serán para todos. E, se son negativas, repercutirán únicamente sobre min.

3. A necesidade apremiante de erguerse, rebelarse e loitar contra tanta inxustiza. A cuestión non é permanecer indiferente ou resignado (non sei cal das dúas é peor). Nestes últimos 20 anos fun unha marioneta mediática e como tal me golpearon, insultaron e esnaquizaron. Intoxicaron á xente, ás claras ou ás agachadas, sobre a miña situación persoal, académica e política. Sufrín e sufro todo tipo de descalificacions. A folga de fame é o único xeito que teño á man para dar un puñazo simbólico na mesa e dicir "xa abonda".

4. Debería de estar na rúa desde o 24 de Outubro de 2004. Nos dous últimos anos, a manipulación dos informes carcelarios, o ocultamiento e invalidación de resolucións xudiciais definitivas, a creación doutros obstáculos? todos estes elementos están formando a cadea do "todo vale"; pesada cadea que me impedirá saír de prisión como tantos responsabeis políticos e xudiciais declararon a miúdo nos medios de comunicación. E, ao final, o esperpento: quererme castigar con 96 anos de cárcere por dous artigos de opinión, cando o xuíz instrutor non atopou indicios penais.
Esixo saír do cárcere.

Estas catro razóns para emprender a folga de fame son fáciles de entender. E o sinal diso é a oleada de solidariedade. Non teñen outra intención nin outra interpretación.

Eu mesmo quero dar as grazas a todos coa miña pequena achega, dentro desa loita histórica dos presos políticos polos nosos dereitos. Ao mesmo tempo, prometo que responderei á situación como cómpre, que non fallarei a tantas persoas solidarias, e que o darei todo.

Gora Euskal Herría Libre!. Gora Euskal Herría socialista!"

Prisión de Algeciras, 11 de setembro de 2006.

Iñaki de Juana Chaos, prisioneiro político basco.

Euskal Herria, 4 de outubro de 2006.