(Publicada o 12 de setembro de 2006)
Amigos que nos apoiades e alentades.
Cumprense oito anos do noso inxusto e cruel apresamento.
Nin os castigos máis perversos nin as decisións mais imorais contra nós puderon nin poderán mellar a nosa firmeza e a nosa integridade.
Fai oito anos eramos cinco, sós, nas condicións mais inhumanas posíbeis, enfrontando todo tipo de presións para doblegarnos e preparandonos para nos defender .
Claro, sabiamos que o noso povo e moitos amigos cando soubesen sobre a nosa situación e a nosa batalla pola xustiza e a liberdade nos apoiarian.
Agora todo é ben distinto. Digolles con total convicción que gañamos aquel "xuízo", por moitas razóns, pero sobre todo por denunciar e revelar o terrorismo contra Cuba alá onde tivo impune covil a cidade de Miami e con iso demostramos o duplo raseiro do Império na sua chamada "guerra contra o terrorismo". Entón, gañamos tamén na apelación coa decisión honesta, valente e xusta dos tres xuices do panel que pediu un novo xuízo, aquel 9 de agosto de 2005.
Todo o que pasou ao final só explica que grande pode ser a arbitrariedade e o odio contra Cuba.
A nosa inocéncia e razón foron demostradas pola opinión dun Grupo de Traballo das Nazóns Unidas que sen prexuízos nen presións concluiu que é totalmente arbitraria a nosa detención.
Pero a mostra mais contundente de que contra nós se cometeu unha monstruosa inxustiza é a imparábel solidariedade que nos apoia e esixe a nosa liberdade, solidariedade á que non deixan de se sumar homes e mulleres do mundo que perplexos e indignados escoitan a história destes oito anos da nosa prisión e deciden sumarse ao reclamo da súa xustiza.
¡GRAZAS POLA VOSA INCONDICIONAL AMIZADE E APOIO!
Non digo nada mais, só acompaño estas liñas con uns versos que teñen a voz dos cinco.
Unha forte aperta de Ramón, Gerardo, Fernando, René e meu.
¡VENCEREMOS!
Antonio Guerrero Rodríguez
3 de setembro de 2006
USP. Florence, Colorado
RAZÓN Y PRIMAVERA
Como es tan cruel este encierro
a ti, hermano, te digo: ¡UNÁMONOS!
Dame tu mano y aquella otra mano.
Vamos a luchar y crear.
Vamos a crecer y vencer.
Como puede ser largo este cautiverio
a ti, amada, te pido: ¡ESPÉRAME!
con tu pasión y tu paciencia,
con tu candor y tu fragancia
que te hacen ser cada vez flor
y más flor en la tormenta.
Seamos como la estrella
que resistió viajes oscuros
y tempestades de ásperas piedras.
Hoy, más que nunca, necesitamos estar unidos
no solo para juntar el grano vivo
no solo para cantar a la esperanza
hoy son imprescindibles nuestras manos
para desbaratar toda injusticia
y para construir la nueva hoguera
que una vez más demuestre
a la vileza y al encierro cruel
lo infinito
de nuestra razón y de la primavera.
A.G
VISITA A PÁXINA DA ASOCIACIÓN DE AMIZADE GALEGO-CUBANA "FRANCISCO VILLAMIL" E DIFUNDE O CONCURSO INTERNACIONAL DE APOIO AOS CINCO PATRIOTAS CUBANOS PRESOS EN U.S.A
http://www.terrasenamos.org
Consulta e infórmate na páx de CUBA:
http://www.granma.cubaweb.cu/miami5/index.html