MANIFESTO DA FPLP NO SEU 39 ANIVERSARIO


Ás masas do noso heroico povo palestino

No día once de Decembro de 1967 foi cando naceu a Fronte Popular de Liberación de Palestina, e para conmemorar esta data, a FPLP, co seu liderado, os seus cadros, os seus militantes e os seus combatentes, presentan ás masas do povo palestino e demáis povos árabes alá onde se encontran, así como as forzas dos movementos de liberación e progreso en todo o mundo, o seu agradecemento e a súa consideración polo seu apoio e soporte ao FPLP ao longo dos anos da súa longa loita. Así tamén, saúdan ás masas da nosa nación árabe e ao povo palestino nos territorios palestinos ocupados en 1948, en 1967, na diáspora e, a todos os mártires do povo palestino e da nación árabe que morreron no campo de batalla pola dignidade, defendendo a nosa causa patriótica e nacionalista, e a cuxa cabeza, están os camaradas e compañeiros os lideres Abu Ali Mustafa, Yaser Arafat, Ahmad Yasin, Fathi Al-Shaqaqui, Zuheir Muhsen, Tilaat Yacoub, Majed Abu Sharar, Abu Alabbás, Khaled Nazzal, Jihad Gibril, Hasan Shaker y Fahed Awaad. Saudamos tamén, aos loitadores do noso povo que están nas cárceres da ocupación sionista, entre quenes, se encontran mulleres, homes, nenos e anciáns, así como, aos camaradas e compañeiros das distintas faccións da resistencia palestina, entre quenes, están o camarada secretario xeral do FPLP Ahmad Saadat e o vicesecretario o camarada Malouh.
Queremos dirixir un sincero saúda, nesta ocasión, aos compañeiros de Hizbulá que demostraron sobre o terreno, que vencer ao enemigo sionista, é unha posibilidade realista en contra do que difunden algúns reximes e forzas políticas árabes derrotistas. Así tamén, saudamos á valente resistencia iraquiana, reafirmando o noso orgullo por ela e pola súa loita contra as forzas invasoras e da ocupación.

Ás masas do noso povo

Dende que naceu a FPLP da matriz do Movemento dos Nacionalistas Árabes, preservou, e o segue facendo, fidelidade ás loitas e sacrificios do povo palestino ao longo dos anos, sen renunciar ao obxectivo máis nobre para a realización das ambicións deste resistente povo na liberación da ocupación e o establecemento dun estado palestino democrático sobre toda a terra palestina como obxectivo estratéxico, sen menos valorar, como é natural, a importancia sobre a realización do obxectivo parcial, cal é, o establecemento dun estado palestino independente e soberano sobre os territorios ocupados en 1967, con Xerusalén como capital e preservando o dereito ao retorno de todos os refuxiados as súas casas de onde foron desprazados en 1948, sendo éste punto, o fundamento do obxectivo parcial e a ponte a través da cal, pasaremos a realizar o noso obxectivo estratéxico.
A causa palestina segue atravesando unha senda moi complexa, xa que o enemigo sionista, xunto a outras partes determinantes dentro do que chaman a Comunidade Internacional, segue denegando os dereitos nacionais de noso povo e traballan xuntos e con empeño, para suprimir ditos dereitos o mingualos, empuxando a noso povo á sumisión e a rendición. E aí está o enemigo sionista, practicando as clases de agresións máis horrendas contra o noso povo entre asesinatos, matanzas, demolicións de casas, devastación de terras e expropiación de outras, continuando a súa construcción de asentamentos e o seu muro de separación racial e cun embargo económico e político asfixiante, e así, e ata máis alá do que puido crear a imaxinación nazi sobre as distintas formas de represión e tortura.
En fronte, o escenario palestino interno está presenciando, nestes días, unhas crecentes loitas e uns aliñamentos contrapostos que estiveron a punto de provocar unha infrutuosa guerra interna palestina, cuestión ésta, que se convertiu nunha verdadeira amenaza, non tan só para as faccións da resistencia, senon tamén para a causa nacional e para todo o povo. Sendo a cuestión así, non haberá máis escapatoria que recuperarmos todos, a conciencia fundacional do interés nacional, lonxe do partidismo e o fanatismo sectarista e, dirixirse con seriedade, á construcción verdadeira da unidade nacional onde han de participar todas as faccións políticas e personalidades patrióticas, segundo o peso de cada forza sobre o terreno e, en base a un programa de principios nacionais para garantir a participación de todos na construcción do futuro palestino.
Ao reclamar a todos, a nos mesmos tamén, interesarse sobre a necesidade de traballar na construcción e o fortalecemento da unidade nacional, é que creemos en que a consecución desta unidade é posible, sempre que se faciliten uns determinados recursos e que son os seguintes:

1. Á necesidade en que traballen e participen todos, sen excepcións, na reconstrucción e a reactivación da OLP coas todas súas institucións de dirección, así como, das de base, como o único e lexítimo representante do pobo palestino e sobre a base da consagración dos principios nacionais, tanto de forma verbal, como na práctica.
O punto de partida sobre éste tema, radica na inmediatez da recomposición dun novo Consello Nacional en base a unhas eleccións e, segundo os mecanismos acordados entre todas as faccións en O Cairo o ano pasado e, sendo necesario que siga a este paso, outros pasos que alcancen ao Consello Central, ao Comité Executivo e demáis institucións ata completar a reforma democrática dentro da OLP, en aras de preservar os principios nacionais e de devolverlle a consideración á Carta Nacional Palestina.

2. A importancia de continuar, a resistencia en todas as súas formas, incluida a loita armada ata derrotar á ocupación, e non aferrarse ás negociacións co enemigo, como unha opción estratéxica na confrontación ante a ocupación. Neste sentido, exiximos o traslado do expediente palestino aos pasillos de NNUU a través dunha Conferencia Internacional e baixo os auspicios da ONU como alternativa ás negociacións bilaterais co enemigo, e como alternativa aos proxectos da folla de ruta, do cuarteto e dos intentos do enemigo en imponer solucións unilaterais, ás que instamos a todas forzas políticas palestinas, a rechazalas tanto no contenido como no continente.

3. Sendo o FPLP entre os vangardistas que invitaron para formar un goberno da unidade nacional despois das eleccións lexislativas, e tenindo en consideración os resultados das mesmas, nos seguimos reafirmándonos sobre a importancia da formación dun goberno como éste en base á Carta do Acordo Nacional como programa político. Así tamén, reafirmamos o noso rexeitamento a todos os intentos para mermar dita carta, xa sea a través da introducción de modificaciones, o ben a través de vincular a súa aplicación a outros documentos que poderian anulala o minguar o seu contido.
Ao entender que o goberno da unidade nacional é unha das preocupacións máis importantes do noso povo e das súas faccións da resistencia, instamos a todos sobre a necesidade para que participen todas estas faccións, máis as forzas vivas do povo palestino, nas negociacións para a formación do goberno, e non a reservarse ningunha parte nin ningún equipo para si mesmo, co monopolio das mesmas.

4. A pesar do acordo alcanzado entre cinco faccións de resistencia para deter o lanzamento de cohetes a cambio da detención das agresións do enemigo contra o noso povo, o enemigo sigue coa súa agresión contra o noso pobo en Cisxordania. Independentemente de cómo entende cada facción dito acordo, nos o trataremos da seguinte maneira:
A) Detención do lanzamento de cohetes a cambio da retirada das tropas sionistas das zonas reocupadas en Gaza e Cisxordania, ademáis do compromiso do enemigo, en deter as invasións e agresións ben sexa a través de bombardeos, asesinatos, persecucións dos combatentes o demolición das súas casas, extendéndose a detención das agresións, a Cisxordania tamén. De outro modo, considerarémonos exentos de dito acordo.
B) Non consideramos que o acordo de detención do lanzamento de cohetes como acordo vinculante á detención de outras formas de resistencia armada e operacións militares.
C) Tampouco vemos que o acordo de detención de lanzamento de cohetes como un acordo “Sine Die”, de modo que, conduzca co tempo a unha situación política conxelada e estática.
D) Como é natural, non consideramos á detención de lanzamento de cohetes como un periodo de calma. Calquer acordo futuro sobre un periodo de calma, require dun dialogo inter palestino máis integral, para alcanzar unha convención palestina sobre unha serie de asuntos que exiximos a noso enemigo comprometerse con eles, a cambio dun periodo de calma total.

5. Despois da victoria de Hamas nas eleccións lexislativas e a formación do goberno, as partes activas do que se chama a Comunidade Internacional trataron, en consonancia calgúns reximenes árabes e partes influentes palestinas, presionar sobre o goberno de Hamas a través de distintos medios e formas co obxectivo de derribalo o sometelo para que acepte as condicións do cuarteto. Neste contexto, chegouse ao embargo imposto sobre o noso pobo que, a pesar dos grandes danos que lle está causando, ditas partes implicadas seguen na súa política en aras de conseguir os seus obxectivos. Nos, ao mesmo tempo en que condenamos estas políticas, pedimos a ruptura do embargo sobre o noso pobo sen condicións previas nin chantaxes. Pedimos a Abu Mazen serios xestos ante as partes implicadas para romper o embargo.

6) A pesar da continuidade dos acontecementos, a cuestión dos presos palestinos nas cárceres da ocupación, segue estando entre os titulares na primeira páxina de preocupacións do noso povo, e neste sentido, queremos reafirmar o seguinte:
A) A importancia de coordinar no asunto do soldado israelí prisioneiro cos compañeiros de Hizbulá, xa que creemos que a coordinación podría fortalecer a posición palestina nas negociacións para o intercambio.
B) A negociación co enemigo sobre o asunto do soldado ha de ter un só teito, que é o intercambio de prisioneiros, sen someterse ás tácticas do enemigo que busca compromisos noutros asuntos de naturaleza política.
C) Reafirmamos a nosa posición sobre a importancia en facer coincidir os tempos da posta en liberdade dos prisioneiros durante o intercambio e, non caer nas trampas do enemigo, creendo nas súas promesas de liberar aos nosos presos, a cambio dunha posta en liberdade efectiva do soldado prisioneiro.
D) Insistimos sobre a nosa reivindicación para que se incluia no proceso de intercambio ao camarada Ahmad Saadat secretario xeral do FPLP, ao seu vicesecretario o camarada Malouh e outros camaradas e compañeiros lideres das faccións palestinas.

Ás masas do noso povo,

Nos, na Fronte Popular para a Liberación de Palestina, ao conmemorar o aniversario trixésimo noveno do seu nacimento, renovamos o compromiso en seguir adiante na revolución e na resistencia ata a liberación e até a victoria.

GLORIA E ETERNIDADE PARA OS MÁRTIRES
LIBERDADE PARA OS PRESOS

Buró Político da Fronte Popular de Liberación de Palestina (FPLP)
Decembro do 2006