MENSAXE DE FIDEL AO POVO CUBANO

Nada puido deter o camiño que temos emprendido!

Fidel Castro Ruz • A Habana

Queridos compatriotas:

Reciban as miñas felicitacións con motivo do 48 Aniversario do Triunfo da Revolución.

Temos culminado un ano de grandes esforzos e resultados alentadores na Batalla de Ideas, os programas da Revolución Enerxética e o desenvolvemento económico e social do país. Fomos dignos anfitrións do Cumio dos Non Aliñados e proseguimos a nosa tenaz resistencia fronte ao bloqueo e as agresións do imperio.

Nada puido deter o camiño que temos emprendido. Desexo recoñecer a serenidade e madurez con que actuou o noso povo, e o traballo do noso glorioso Partido, do Goberno Revolucionario, das nosas organizacións de masas e e da mocidade, dos abnegados combatentes das FAR e o MININT, e da nosa Asemblea Nacional.

Agradézolles a vostedes o seu cariño e apoio. Sobre a miña recuperación sempre advertín que sería un proceso prolongado, pero está lonxe de ser unha batalla perdida. Colaboro como paciente disciplinado co consagrado equipo dos nosos médicos que me atende.

Non deixei de estar ao tanto dos principais acontecementos e informacións. Teño intercambiado cos compañeiros máis próximos, sempre que foi necesario, unha cooperación en temas de vital importancia.

A humanidade vive difíciles tempos, con guerras e perigos que xorden por doquier, e un desenfreado proceso consumista, típico do sistema imperialista globalizado, que esgota importantes recursos naturais e contamina o medio ambiente. Iso, por si só, xustifica a nosa heroica loita.

Cada éxito que academos require maiores esforzos para mantelos e desenvolvelos. Fai falla a máxima cooperación e disciplina social.

É o meu máis fervente desexo que o 2007 constitúa unha aurora de esperanza para todo o noso povo.

Viva o 48 Aniversario da Revolución!

30 de Decembro do 2006
"Ano da Revolución Enerxética en Cuba"

-Na imáxe: cartaz comunista italiano de apoio a Fidel
(texto traducido ao galego polo PCPG)