MORREU O REVOLUCIONARIO RUSO KIVA MAIDANIK. EIS A NOSA HOMENAXE!

Chegounos a triste noticia do pasamento, fai uns dias, do camarada Kiva Maidanik. O Partido Comunista do Povo Galego e algúns dos nosos camaradas tivo/tivemos o privilexio de o tratar, de compartir longas horas de conversa e intercambio de actividade revolucionaria con el.. Aqui na Galiza, alá polo ano 91, poucos meses antes da caída da Unión Soviética. Foi a única vez que estivo no noso pais, unha semana intensa onde os camaradas do P.C.P.G lle organizamos neses primeiros meses de 1991 catro actos en Moaña, Cangas e Compostela que resultaron multitudinarios, vibrantes, entrañábeis e por riba de todo moi clarificadores en momentos en que, por toda a parte, os povos do mundo, os verdadeiros progresistas e revolucionarios e sobre todo os comunistas sofriamos intesamente con angustia por aquela dramática situación que anunciaba o desastre e a queda da URSS pola traizón e vergoñenta rendición dos seus dirixentes... Coma homenaxe á súa memoria publicamos e traducimos ao galego, aínda sen compartir plenamente algúns matices, criterios ou ideas puntuais do autor, este sentido artigo de Narciso Isa Conde, político e ensaista dominicano publicado no portal ALTERCOM:

Humanidade sen límites e herexía revolucionaria. Guevarista na URSS de onte; soviético na Rusia actual. O 24 de decembro do 2006 morreu en Moscova Kiva Maidanik, un intelectual revolucionario de excepción, un entrañable militante e amigo das mellores causas da humanidade: Do amor e a amizade. Da xustiza e a verdade. Da ciencia. Da honestidade. Da sensibilidade humana. Do agarimo familiar. Da libertación dos (as) oprimidos (as) de todas as cadeas. Historiador, traballador da Academia de Ciencias da URSS, investigador do Instituto de Economía Mundial e Relacións Internacionais de Moscova, estudoso da realidade Chinesa e da Guerra Civil Española, especialista dos mellores en América Latina e o Caribe. Autor de numerosos artigos, ensaios e libros, unha parte deles traducidos ao español e a outros idiomas. Soviético no sentido bolxevique, leninista; antes, durante e despois do colapso do chamado socialismo real. Inclaudicabel nos seus principios, flexible e innovador nas súas constantes creacións políticas e teóricas. Soviético nese mesmo sentido até o final da súa vida física. Estudoso e admirador de Ernesto Che Guevara, do seu pensamento, do seu accionar, da súa ética revolucionaria, da súa imensa humanidade… sintetizados maxistralmente por el no seu ensaio «O Revolucionario» e na relatorio titulada «A sétima vida do Che Guevara.. Guevarista en tempos en que o dogma staliniano e neo-estaliniano condenaba á discriminación e á marginalidad aos defensores desa posición no seo do mundo intelectual da ex-URSS. Guevarista ata días recentes cando entregábanos orgullosos a primeira compilación en ruso dunha parte dos traballos do Che, publicada, paradoxicamente, na Rusia capitalista baixo a súa dirección. O seu extraordinario talento, a súa enorme e multifacética erudición, o seu impresionante sentido crítico, a súa capacidade para captar os máis mínimos detalles de cada proceso e de cada país penetrar na cultura dos nosos povos e das súas protagonistas, a súa deslumbrante memoria e poder de comunicación contrastaban permanentemente coa tamén súa fermosa modestia e a súa austera sinxeleza. Kiva transpiraba, sen o proponer intelixencia e coñecementos a granel, derrochaba sabedoría sen a menor pedantería, sen a mais leve sinal de autosatisfacción ou prepotencia. Kiva herdou a súa austeridade dos seus días de infancia durante os rigores da Segunda Guerra Mundial, do sacrificio e a estoicidad da vila e do exército soviético naqueles días tan duros como gloriosos. Cultivou o seu talento e capacidade de amar xunto ao seu pai, un xurista de orientación socialista, e xunto á súa nai, un ser profundamente cariñoso e dunha intelixencia aguda, sensible e vivaz. De ascendencia xudia sufriu os amargos acosos da discriminación e o represión, converténdoos sublimemente en amor pola humanidade e en loita contra todas as expresións de inxustiza e represión. O rigor científico e a súa entrega ao traballo xamais lle impediu desenvolver unha condición humana repleta de amor, de cariño, de amizade, de familiaridade e solidariedade até nos últimos detalles e as últimas consecuencias, expresando sempre un tenro afecto polos (as) nenos (as), os propios e os doutros (as). As causas políticas que máis captaron a súa mente e o seu corazón foron sempre as máis xustas e difíciles: -a Guerra Civil Española, -a Revolución Chinesa, -a Revolución Cubana, -a Resistencia heroica do Povo Vietnamita, -as Loitas Guerrilleras en América e o Mundo, -as Epopeias do Che, -o Combate Antifascista, -a Revolución de Abril de 1965 e a Guerra Patria contra o invasor ianqui en Santo Domingo, -a Primavera de Praga e a loita pola renovación do socialismo en Checoslovaquia, -a Perestroika na súa fase inicial (antes do seu desvío polos carreiros procapitalistas), -a Revolución Sandinista, -a Guerra Libertadora do FMLN no Salvador, -o Combate contra a pinochetismo, -a Heroica Loita do Povo Guatemalense… Morreu abrazado, a partir da ciencia e o corazón, á Revolución Bolivariana de Venezuela e á actual onda expansiva en prol da Libertación da Patria Grande. E todo isto a partir dun pensamento profundamente analítico, a partir dunha crítica sen par ao capitalismo dependente nos seus diferentes niveis de desenvolvemento e na súa actual versión neoliberal; a partir dun enxundioso esforzo por desentrañar as súas crises periódicas e as perspectivas de cambios á luz dos diversos ascensos das loitas populares. A seu altísima sensibilidade social e humana uniu un rexeitamento visceral ao despotismo. E isto, con demasiada razón e profundo sentimento, levouno a reflexionar sobre Stalin desta orixinal maneira: “Nós, demasiado tarde entendemos as palabras do compañeiro Stalin, ao dicir: “a plena unanimidade é só posivel no cemiterio”; non entendemos que era todo o programa, logo o partido transformouse nese cemiterio e o país na plena unanimidade" [1] Pero a sua firme actitude non só se refería a ese despotismo extremo, senón a todas as variantes de represión e autoritarismo, dentro de calquera modo de produción e distribución, no marco de calquera sistema político-institucional, incluídos aqueles de aparente ou real orientación socialista e/ou antimperialista. Era capaz de valorar o significado positivo das máis variadas resistencias á tutela, as agresións e as invasións imperialistas sen, xa que logo, abrazarse ao absolutismo deses réximes e dos gobernantes que a encabezaban, chámense estes Saddam, Milosevic ou Kim Il Sung. Kiva amaba demasiado a liberdade e a creatividade, e non precisamente pensando en si mesmo, senón -sobre todo- pensando nos demais, en toda a humanidade. Por iso Kiva Maidanik foi un precursor da nova democracia e do novo socialismo a partir do mesmo cerne do «estatismo burocrático», como con precisión científica denominou ao chamado socialismo real. Unha especie de anticapitalismo que despois dos anos 30 non puido chegar a ser socialismo. Quizais por iso abrazou con grande paixón e excesivo optimismo, tanto a Perestroika (á que chamou “revolución da esperanza”) coma (previamente) o modelo de tránsito revolucionario nicaragüense, nesa necesaria e ansiosa busca dun socialismo con democracia participativa; sen reparar suficientemente nas desviacións e erros que provocaron as súas dexeneracións e/ou fracasos. Tales erros non foron exclusivos del, senón que non poucos dos que pensamos de maneira parecida incorremos, en graos diversos, en fallas similares. Sufriu como ninguén os duros reveses do último tramo do Século XX, ata recuperar o entusiasmo revolucionario cando a nosa América iniciou a súa cuarta ondada de cambios, recuperando a súa condición de continente da esperanza. O advenimiento do proceso para a revolución en Venezuela foi para el como unha especie de bálsamo vivificante. Nunca, sen embargo, deixou de estimular o renacer revolucionario e de ponderar a transcendencia do exemplo do Che para ese nobre propósito. Pero facíao tamén con certa vergoña propia (inxusto consigo mesmo, ademais) polo impacto en seu ser do acontecido coa revolución soviética. Así reflícteo nestas palabras tomadas dun dos seus brillantes traballos sobre o Che: “Non lle é nada fácil a un de Moscova dirixirse a vós… O meu país, que iniciara fai oitenta anos o primeiro asalto da humanidade ao ceo e fixo tanto para salvala do maiores perigos do século, país tan admirado polo Che e tan criticado por el, cumpriu os seus peores vaticinios –e non soubo a finais deste século nin resistir nin morrer como o pasado inmaculado da súa mensaxe emancipadora, a súa antorcha- dun século e milenio novos. Cada un de nós ten a súa cota de culpa por iso. Uns máis que outros.” [2] Tal realidade torturouno de maneira moi especial, sobre todo polos efectos emocionais acumulados no seu duro tránsito do “único” intelectual proclamadamente guevarista da URSS a un dos(as) poucos(as) soviéticos(as) da Rusia actual. Iso explica que non puidese vencer a tendencia á súa morte física a pesar da súa formidable corpulencia e da súa magnífica espiritualidade. Noutras circunstancias non teriamos a menor dúbida de que Kiva puido ser un auténtico lonxevo, para maior alegría nosa. Unha enorme débeda de gratitude para con el Temos os (as) revolucionarios(as) latinoamericanos (as) e caribeños (as). Unha débeda, pola súa natureza, imposibel de saldar. Unha débeda intelectual, unha débeda de solidariedade política e humana, unha débeda de amor e amizade. E non o dígo porque Kiva milite e haxa cotizado relixiosamente e simultaneamente no Partido Comunista Salvadoreño e no Partido Comunista Dominicano; nin polos rublos, que procedentes das súas mans, coidadosamente ocultados ata fronte a súa familia, axudaron a aliviar as dificultades de tantos revolucionarios (as) de América e do mundo ao seu paso por Moscova. Dígoo polas súas magníficas ensinanzas, pola súa capacidade para transvasar para nós(as) ideas de calidade e actitudes de gran valor. Dígoo por seu indestrutible bondade, pola súa condición de dador de amor para nós (as), para os (as) nosos (as), para os seus, para os demais. Disto si soubo moito o noso irmán Schafik e a súa esposa Tania. Saben moito disto Jerónimo Carrera, Mercedes Otero e Francisco Mieres, os seus irmáns(as) venezolanos. Sabeno os seus amigos(as) e colegas cubanos(as): Luís Suárez, Tania, Juan Valdez Paz, Fernando Martínez Heredia… Sabe moito tamén disto Marta Harnecker e sabeo Tania Vorocheykina Sabe demasiado Galia, a súa irmá na amizade, tamén orgullosamente soviética e bolivariana. Saben Natacha, a súa esposa, Artemio e María, a súa querida prole. Sabemolo tanto Lulú e eu, e moitos (as) outros (as) da súa contorna e desta beira do río. Da miña parte resultame imposibel pensar nel desvinculado de Schafik Handal, do comandante Manuel Piñeiro (Barbarroja), de Nayo Alvarado (asasinado sendo Secretario Xeral do Partido Guatemalense do Traballo) e de Roque Dalton (o poeta e revolucionario sen par salvadoreño)… Esta débeda é impagabel aínda que por razóns moi distintas á que acogota aos nosos pobos. É impagabel, pero hai que devolvela no posible; procurando ser coma el, loitando co mesmo desinterese persoal ca el, repartindo cariño coma el e dando a coñecer todo o que escribiu, todo o que practicou e todo o que fai del un dos máis formidables intelectuais orgánicos das revolucións da segunda metade do século XX e do comezo deste novo século.  

Altercom Axencia de Prensa de Ecuador. Comunicación para a Liberdade. Narciso Isa Conde [1] «Revista 2021» - Patria Para Todos, Ano I, marzo 2006, Caracas, Venezuela. [2] «A sétima vida do Che Guevara ou revolucionario para todos os tempos», Kiva Maidanik, Papeis da FIM, N° 10, 2dá época, Revista de Investigación Marxista 1998