MISTERIOS, SILENCIO E CINISMO NA PRENSA BURGUESA

O que segue é unha versión abreviada* dun resumo do contido do libro “Le Process du 11/09” . O libro pertence a Victor Thorn, xornalista. O resumo foi realizado por Arno Mansouri, editor francés do libro.

No seu libro, o autor aborda polo miudo o derrubo das tres torres do WTC. Aínda tratandose dun tema que os media non abordan case que nunca, moita xente considera, en ambalas duas beiras do Atlántico que o desplome total, vertical e rápido, constitúe un dos mais grandes misterios científicos do noso tempo.

En dous videos transmitidos hai pouco pola PBS o instituto nacional de estándards e tecnoloxía (NIST) procura dar resposta ás “teorías da conspiración”. Mais esta resposta esquiva os verdadeiros problemas e as verdadeiras interrogantes. As razóns que enumera para tentar de explicar o derrubo das torres a velocidade de caída libre (9-10 segundos) son desvergoñadamente absurdas e mentireiras, a saber:

---que as torres estaban principalmente compostas DE AIRE.

---que as columnas centrais eran demasiado delgadas…

---que a posibilidade de impacto dun avión de pasaxeiros, non estaba prevista…

---que os incendios eran extraordinariamente intensos...

Danny Jowenko, especialista holandés en demolicion controlada , opinóu que non cabe dúbida algunha de que o edificio No.7 do W.T. Center derrubou baixo o efecto dunha explosión controlada.

Numerosos científicos concordan con ese parecer.

Este terceiro edificio, do que a meirande parte de xornalistas non teñen coñecemento, desplomouse o mesmo dia sen razón aparente. Tiña 47 andares de altura e foi rematado no ano 1987.

Oírades falar dél?

*Versión abreviada e traducción ao galego polo PCPG