CONTRA O AGRAVAMENTO DAS CONDICIÓNS DE VIDA DA MULLER TRABALLADORA

Pasou este 8 de marzo no medio do agravamento nas condicions de vida da muller traballadora.

No mundo laboral humillada e agredida por un trato remunerativo desigual, pola precariedade e a inestabilidade.

Relegada a tarefas pouco cualificadas.

Obxecto de acoso, tan a miudo vinculado ao seu sometimento brutal por xefes e capataces.

Na casa, nas horas que debian de estar destinadas ao descanso, exercendo (como nai, como esposa), de repositora da forza de traballo. Coidando tamén a anciáns e enferm@s, sendo como outras moitas, parte de un enorme subsistema sanitario non oficial e non remunerado.

Sendo, se cadra, recompensada polo seu esforzo con maltratos físicos e psicolóxicos da peor especie.

Como muller sen trqabllo remunerado, sometida á absoluta dependencia económica e a un xénero de escravitude que non poucas veces desemboca en violencia física e psíquica. Mal alimentada pola cultura basura que o sistema capitalista lle “obsequia”.Obsesionada por da-la talla na realizacion dun modelo irrealizable, para maior gloria da industria cosmética, etc.

II-

O neoliberalismo impón códigos de traballo que só conducen á perda dos dereitos acadados mediante durísimas e prolongadas loitas.

Ë o imperio do abaratamento de custes e do medre do beneficio…

As políticas burguesas “para a muller”, neste contexto, son meros lavados de cara, que din ofertar solucions para casi todo, non ofertándoas realmente para ningún dos problemas de fondo. Todo leva ao crecemento desmedido da taxa de lucro e á disminucion implacable dos costes estatais.

En estados como o que sofremos nós, as conquistas da muller en dereitos laborais e sociais derrúbanse como castelos de naipes no real, no efectivo.

Entrementres, créase minuciosamente unha trama aparente de medidas sociais “para a muller”. Unha intrincada selva de burós aparentemente destinados á solución dos asuntos da Muller, en abstracto, mentres se mantén a discriminación legalizada a todos os niveis. A “economía” manda.

III-

Neste contexto, non é de extrañarse a pervivencia de graves e danosos prexuicios ideolóxicos, de tipo burgués, extendidos como unha mancha de aceite a toda a sociedade.

A tradición democrática froito de duras loitas sociais a nivel mundial mingua día a día, defendida só polos sectores mais conscientes e progresistas das sociedades capitalistas.

A cuestión da muller non pode continuar a ser un téma de élites intelectuais para charlas "progres".

O debate sobre este tema, un debate aberto e honrado, é un desafío ao que a clase obreira e os povos teñen a obriga de responder con toda a batería ideolóxica revolucionaria.

Enfrentámonos nesta loita de ideas a un inimigo astuto, poderoso e implacable, con grandes recursos para o engano e a confusión.

Un inimigo que non duda en fomentar a falacia segundo a cal a muller asalariada é un competidor desleal do home no mundo do traballo remunerado.

Se a liberación total da muller traballadora é imposible sen a revolución socialista, non menos certo é que unha revolución levada a cabo sen ter feito avances enormes no terreo ideolóxico que atinxe a este tema, é unha revolución ideolóxicamente ferida de gravidade dende o seu inicio.

Algúns dos peares desta loita ideolóxica son para o PCPG os seguintes:

-Loita sen tregua pola igualdade real de dereitos, na casa, no traballo, na sociedade.

-Loita decidida pola socialización das tarefas domésticas.

-Superación real dos prexuizos sexistas a todos os niveis. Homes, mulleres e nen@s estamos, o saivamos ou non, contaminados pola ideoloxía dominante.

Compre o combate sen tregua a esa ideoloxía, tamén nese aspecto.

Combate ideolóxico permanente contra as consignas sexistas permanentemente emitidas polos medios de comunicación, centros de ensino e da igrexa.

Outro tanto no referente aos estereotipos sexistas, fondamente arraigados na sociedade.

Visibilización da historia e a cultura proletarias, revolucionarias e femininas. Vivimos inmersos nunha cultura (a oficial) feita por burgueses e para a opresión de crase e de xénero, e que como tal, é parcial, incompleta, inxusta e falaz.

Denuncia da hipocresía das institucións burguesas cando se pretenden defensoras da muller.

Denuncia dos falsos valores de obediencia, fraxilidade, e tontería no ideario católico integrista que impera. Denuncia de tódos os demáis estereotipos capitalistas. Todos eles son inválidos para a muller traballadora de hoxe.

Un novo ser humán está a abrirse paso dende o ventre da humanidade en loita. Un ser humán cuio sexo define diferencias pero non pode implicar inxustizas nin desigualdades de dereitos.

Un ser humán que baixo o signo da emancipación, definitiva quizáis,da muller traballadora, debe de estar preparad@ para superar o espolio da muller e, daquela sí, superar tamén a degradación da que o home machista é causa e víctima á vez.