CONTRA A GUERRA E OCUPACIÓN IMPERIALISTA DO IRAQUE

.
RESOLUCIÓN DO COMITÉ NACIONAL DO PCPG DIANTE DO IV CABODANO DA INVASIÓN IMPERIALISTA DO IRAQUE

O mundo conmemora nestas datas o cuarto cabodano do comezo da criminal ocupación do Iraque. A foto das Azores retratou ó sector mais agresivo do imperialismo encabezado polos EEUU e deixou clara a sua vontade de submeter militarmente a todo povo disposto a defender a sua soberanía e a enfrontar, xa que logo, a “orde mundial”imperialista.

Após catro anos, presenciamos como no Iraque cométense toda clase de crimes contra a humanidade e como se violan os mais elementares direitos humáns, recurrindo a meios que nada teñen que envexar ós empregados polo nazi-fascismo.

Presenciamos tamén a dignidade dun povo disposto a enfrontar ó ocupante,disposto a loitar heroicamente e palmo a palmo, polo dereito á soberanía e a autodeterminación do seu povo fronte á criminal agresión á que ven sendo submetido.

O PCPG, como organización internacionalista, apoia a lexítima resistencia iraquiana e de todos os povos oprimidos fronte ás tropas de ocupación e a calquera guerra imperialista.

Co gallo deste aniversario, foron convocadas en algúns pontos do Estado Español por parte de PSOE, IU e outras organizacións satélites, varias mobilizacións de rexeitamento a guerra do Iraque amplamente difundidas polos xornais e outro meios de comunicación de todo o Estado. Destas iniciativas e mobilizacións foron excluidas e marxinadas as organizacións e movimentos, que cotidiana e consecuentemente vimos facendo fronte tanto ó imperialismo ianqui como ó europeu. A socialdemocracia, na sua vertente liberal (PSOE) e reformista(IU..) pretenden converter as mobilizacións nunha parte do xogo electoral bipartidista que están a disputar co PP. Ao mesmo tempo, o Governo do PSOE coa complicidade de IU e os seus aliados en xeral, fai por evitar alguns debates que lle resultan incómodos, pois é imposível xustificar, desde posicións chamadas pacifistas, a actual política do Governo socialdemócrata e os seus aliados.

Esta consiste en criticar a ocupación no Iraque mentres se participa nunha guerra de ocupación, igualmente sanguiñenta, no Afganistán. O Governo PSOE encamiña tropas de ocupación ó Líbano facendo o xogo ós intereses do sionismo israelí e estadounidense e en contra do povo libanés e palestiniano. O Governo español do PSOE, coa complicidade vergoñenta dos seus aliados políticos e da monarquía, apoia os plans xenocidas e coloniais de Marrocos na ocupación do Sahara. Ese mesmo Governo, e eses mesmos cómplices, néganse a aclarar os vóos da CIA con secuestrados a bordo, violando a soberanía dos povos do Estado Español; e o papel da policía e dos servizos de intelixencia españois nos campos de concentración de Guantánamo.

Os mesmos que defenden a ocupación actual do estado español pola OTAN, rachan agora as vestiduras tentando disputar o espazo electoral da dereita neofranquista do PP. Para elo, exclúen das convocatórias ás organizacións revolucionarias e tentan manipular ó povo empregando os seus poderosos meios de comunicación.

O PCPG négase a participar nese xogo criminoso e inmoral que distingue entre o imperialismo alleo e o “noso” imperialismo, o da fracción oligárquica representada polo PSOE e os seus monaguiños de IU e outros, que algún día terán que explicar a presencia dos seus diputados nos congresos de paramilitares fascistas colombianos e qué é que fan os seus cárregos no Ministerio de Exteriores, ademais de cobrar farturentos soldos, dietas e comisións.

Entendemos que algunhas organizacións, e centos de cidadáns e cidadás honradas, se teñan visto envolvidas neste xogo hipócrita do PSOE e os seus aliados políticos e institucionais. A todos eles, a todas elas, a todas as organizacións da esquerda social, política, ó conxunto do movemento obreiro e popular, chamamos-vos a continuar combatindo toda caste de políticas imperialistas, quen quer que as exerza, a continuar combatindo a presencia do exército mercenario español violando a soberanía dos povos, a loitar pola paz, contra a OTAN e contra o EUROEXERCITO. Pois, como dicía o Comandante CHE Guevara, a solidariedade é a tenrura dos povos.

NO IRAQUE E NO AFGANISTAN, O IMPERIALISMO NON PASARA!

RETIRADA INMEDIATA DAS TROPAS ESPAÑOLAS DE OCUPACION!

NON Á GUERRA IMPERIALISTA!

VIVA A RESISTENCIA!, POR UNHA FRONTE MUNDIAL ANTIIMPERIALISTA!

Comité Nacional do PCPG.
.

Cartaces das concentracións que terán lugar en Vigo(superior) e en Pontevedra(embaixo) o sábado, dia 17 no 4º aniversario do comenzo da guerra de ocupación imperialista
.