ACTO DE AFIRMACIÓN REPUBLICANA EN CANGAS


O próximo Venres, dia 13 ás 8 da tarde na Casa da Cultura de Cangas do Morrazo realizaráse un acto organizado polo Colectivo Republicano do Morrazo.
O acto está apoiado polos colectivos: Fronte Popular Galega(FPG), Partido Comunista do Povo Galego (PCPG), Esquerda Unida (EU), INMO e outros colectivos e persoas de esquerda desta vila.
No mesmo falarán os compañeiros:
Leopoldo Garcia Ortega, presidente de honra da Comisión Viguesa pola Memoria do 36, Anxo Angueira, poeta e profesor da Universidade de Vigo e Anton L. Dobao, escritor, guionista e realizador da TVG.
Un paso máis dunha esquerda que loita e organiza a súa unidade como se amosa coa iniciativa da recén criada ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS.