O traballo audiovisual, titulado "Manuel Barros, un rebelde de aceiro", está dirixido polo cineasta Fernando Collazo, "Cuchi" Carreira, que tamén asina o guión xunto a Gonzalo Amoedo. O documental proxectaráse o próximo domingo, dia 15 ás 12.00 horas, antes do inicio do xantar de confraternización republicana en Vilavella-Redondela.
O camarada Barros presentou o ano pasado na Illa de San Simón-con motivo do 75 aniversario da II República- una autobiografía titulada "As memorias de Manolo Barros, un militante antifranquista". Os actos organizados polo Colectivo Republicano tamén incluen as tradicionales homenaxes e ofrendas na foxa común do cemiterio de Os Eidos e na Praza da II República, que se celebrarán o sábado, ás 20.00 horas.