CHAMAMENTO INTERNACIONAL POLA LIBERDADE DOS CINCO

WASHINGTON, 4 de setembro.

O Comité Internacional pola Liberdade dos Cinco
, con sede en USA, convocou a unha xornada global de solidariedade cos 5 heroes antiterroristas cubanos encarcerados xa fai case unha década nos cárceres dos EE.UU.

Gerardo Hernández, Antonio Guerrero, Ramón Labañino, Fernando González e René González foron arrestados en setembro de 1998 en territorio norteamericano cando protexían ao seu país de grupos terroristas de orixe cubano asentados en Miami, Florida.

O próximo 12 de setembro a loita pola liberdade dos Cinco entra no seu décimo ano —indica o comunicado do grupo non gobernamental—, e non debemos permitir que o apoio internacional para os patriotas cubanos decaia, subliña.

Chamamos a todos os Comités e amigos de Cuba, aos homes e mulleres honestos do mundo, a realizar unha grande Xornada Internacional de Solidariedade cos Cinco, do 12 de setembro ao 8 de outubro, apunta o comunicado.

A declaración lembra que Gerardo, Ramón, Fernando, René e Antonio continúan en prisións de máxima seguridade e privados do dereito de ser contactados regularmente polos seus familiares.

O pasado 20 de agosto celebrouse en Atlanta unha vista oral de Apelación. A presenza nesta vista de afamados xuristas e persoeiros de todas as partes do mundo demostra o apoio internacional aos Cinco heroes cubanos inxustamente presos.