XORNADAS SOBRE DEREITO AMBIENTAL

O DEREITO AMBIENTAL COMO FERRAMENTA PARA PROTEXER O MEDIO AMBIENTE E A SOCIEDADE

Ponteareas, 04 de Setembro de 2007.

A Federación Ecoloxista Galega, xunto cos colectivos ADENCO e APDR (Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra), organiza para finais de Setembro unhas xornadas formativas nas que se amosarán as ferramentas que o Dereito Ambiental fornece a calquera persoa preocupada pola protección do Medio.

As xornadas pretenden servir de base ao ecoloxista activo e ao cidadán concienciado sobre a necesidade que temos de coñecer a diferente normativa que está á nosa disposición e que moitas veces descoñecemos. Que facer? Que ferramentas xurídicas utilizar? A que autoridades recurrimos? A cuestións como estas intentarase dar resposta dividindo en varias áreas temáticas as xornadas, abordando dende a normativa comunitaria á municipal, pasando polas competencias estatais e autonómicas, que se complementan con experiencias prácticas...

Ler máis premendo aquí ou no titular desta nova