30 ANOS DESPOIS, NAS ENCROBAS A LOITA CONTINÚA

Tres décadas afastan estas dúas imaxes: á esquerda, represión da garda civil sobre a veciñanza d'As Encrobas, 1977; á dereita, xuízo contra María Pardo, Ordes en 2007

Entrevista a María Pardo Barbeito, afecatada pola contaminación de Fenosa


En 1974, o Consello de Ministros de Franco autorizaba a expropiación de 850 hectáreas de terras na parroquia das Encrobas, en Cerceda, para que Fenosa puidese explotar o lignito que alí xacía. Daquela, houbera unha revolta veciñal, capitaneada polas Comisións Labregas, para impedir que a eléctrica roubase as terras por catro patacos. Hoxe, o conflito continúa nunha auténtica guerra sucia da empresa contra a veciñanza... Suxa de feluxe... [Ler máis]