
.
Segundo as distintas fontes, FENOSA tiña previsto queimar nas súas instalacións de Meirama unha cantidade indeterminada de palés “radiactivos”, que transformados en serrín, proviñan do desmantelamento da Central Nuclear de Zorita. Os palés serían traslados dende a planta de Guadalaxara até Cerceda nun transporte especial para o que FENOSA ten autorización até o 31 de decembro deste ano. O material trasladado está cualificado pola propia empresa como “pouco contaminante e de baixa radioactividade” e a cantidade a queimar oscila entre as 15 e as 40 Tm... [Ler máis]