O PRÓX SÁBADO 22 DE DECEMBRO: ACTO POLO 49 ANIVERSARIO DO TRUNFO DA REVOLUCIÓN CUBANA

No 49 Aniversario do Triunfo da Revolución Cubana a Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" convídanos a participar no acto político que se celebrará durante a festa que esta Asociación e o Consulado de Cuba celebrarán, como todos os anos. Esta vez, será o próximo sábado 22 de decembro no local sociocultural do Castiñeiriño en Compostela.

Neste momento no que o maior inimigo dos povos do mundo volta de novo a agredir a soberanía e a liberdade dos homes e mulleres que loitaron e loitan pola súa independencia, manifestaremos xuntamente con outros colectivos e organizacións o noso apoio á Revolución e ao povo cubano, que faremos expresa antes da intervención de Alejandro Fuentes Hernández, Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza.

Este evento constará de tres partes:
Recepción
as 20:30
Acto político as 21:30

Acto festivo as 22:30