Tras anos de darlle voltas, o Concello de Vigo parece decidido a contentar á Asociación de Comerciantes da rúa do Príncipe e poñer cámaras de videovixilancia.
Comunicado do Grupo de Axitación Social (GAS)
O desenvolvemento da nosa cidade segue adentrándonos en futuros/presentes xa soñados nos pesadelos de ciencia ficción de Philip k. Dick co departamento de Precrime en Minority Report ou da sociedade controlada permanentemente por TV de 1984.
Aliviadas de que finalmente a Policía Local non obtivese permiso para usar as perigosas pistolas eléctricas, enfrontámonos agora a unha nova ameaza, tras anos de tentalo, a Asociación de Comerciantes do pretendido Centro Comercial Aberto da rúa Príncipe ten agora vía libre para facer videovixilancia sobre todas as persoas que pasamos ou paseamos por alí. As comerciantes porán os aparellos e a policía local nos vixiará, unha perfecta simbiose entre represión e protección dos intereses económicos dunhas poucas (pero que representan moito, falando en euros)... [Ler máis]