ACTOS DE LEMBRANZA E HOMENAXE A JOSÉ MARTÍ EN VIGO E COMPOSTELA

Organizados pola Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil", este fin de semana terán lugar en Galiza dous actos de homenaxe e lembranza a José Martí con motivo do 155 aniversario do seu nacemento:

-VIGO: Sábado, 26 de xaneiro ás 12.00 horas diante da estatua do heroe da independenza cubana erixida nos Xardíns de Montero Ríos en Vigo.

-COMPOSTELA: Asimesmo, diante do Monumento a José Martí, situado en el Cruce de Lamas de Abade (Castiñeiriño), Santiago de Compostela, terá lugar tamén unha ofrenda floral este vindeiro domingo 27 de xaneiro, ás 12:00 horas.

Os dous actos enmárcanse no conxunto de actividades que se realizarán durante todo este ano con motivo do 50 Aniversario do Trunfo da Revolución o 1 de xaneiro de 2009 e contarán coa presenza do Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza Alejandro Fuentes.