Galiza por Palestina.
URXENTE!, HOXE XOVES DIA 31: CONCENTRACIÓN DE SOLIDARIEDADE POR PALESTINA EN COMPOSTELA
Este xoves, 31 de xaneiro, a asociación solidaria Galiza por Palestina convoca unha protesta pública contra a situación da povoación na zona de Gaza, un autentico gueto no que os sionistas teñen presas, infraalimentadas e sometidas a un ataque militar continuo a un millón e medio de persoas. Para evitar que a poboación palestina siga sufrindo a ocupación, para que teñan dereito á liberdade, á sanidade, á paz... debe finalizar a ocupación israelí. Galiza por Palestina convoca unha concentración ás 20'30 horas na Praza do Toural de Santiago de Compostela contra a ocupación, polo fin da impunidade dos sionistas, e porque os responsabeis políticos da Unión Europea e do Estado Español tomen medidas para forzar ós gobernantes israelís a cumprir cos principios mínimos do Dereito Internacional, especial e urxentemente do Dereito Internacional Humanitario, aplicando sancións comerciais e diplomáticas contra Israel ata que se solucione a situación dos palestinos, hoxe moi especialmente, dos habitantes de Gaza. ASISTE E DIFUNDEO!
Galiza por Palestina.
Galiza por Palestina.