No dia de mañán, 4 de Febreiro, os tres mozos Anjo Torres, Antia Marinho e Alexandre Rios, militantes de BRIGA serán xulgados en Pontevedra (ver cartaz) por dous delictos de "inxurias e maltrato ás Forzas Armadas". Os feitos que se lles imputan acaecerom en xuño de 2006, cando a BRILAT organizaba diante do centro de ensino Valle Inclán un dispositivo de captación de mozos dentro da campaña publicitaria polo seu 37º aniversario. A presenza militar foi respondida por unha concentración de mozos que levaban unha faixa e coreaban lemas antimilitaristas.
A petición dun ano de prisión para cada unha/un, mais 6.570 € de multa, é, alén dunha brutal e desproporcionada decisión, unha mostra das anémicas liberdades das que "gozamos".
Desde aquí, os comunistas do PCPG, chamamos a secundar a concentración de apoio diante dos xulgados, ás 10:30, hs e manifestar a nosa solidariedade con estes compañeir@s.