"COMANDANTE MANUEL MARULANDA: XURAMOS VENCER!". COMUNICADO DAS FARC

As FARC confirman a morte do líder guerrilleiro Manuel Marulanda

domingo, 25 de maio de 2008

O membro do secretariado e voceiro das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC), Timoleón Jimenez, confirmou a través dun vídeo enviado a TeleSUR, a morte do seu líder e fundador, Manuel Marulanda, tamén coñecido como "Tirofijo". "Con inmenso pesar informamos que o 26 de marzo morreu dun infarto cardíaco, nos brazos da súa compañeira, acompañado da súa garda persoal e dos seus compañeiros".

Dando lectura a un comunicado oficial das FARC-EP, Jiménez, referiuse á traxectoria política de Marulanda e salientou o seu "liderado e capacidade militar", reafirmando que a loita da FARC segue sendo a "loita polo poder político, a loita por unha sociedade de xustiza social e a loita polo socialismo".

O voceiro anunciou que Alfonso Cano asumirá o lugar de Marulanda, intégrase ao secretariado Paulo Catatumbo, asumindo como suplentes Bertulfo Alvarez e Pastor Arape. Anunciou ademais que a organización ten confianza nos seus principios revolucionarios "continuaremos as nosas tarefas acordes aos plans", salientou. A respecto da posición das Farc para os acordos humanitarios, sinalou que "as nosas propostas ao redor dos acordos humanitarios e a saída política continúan vixentes"..."serán confluencia e xerarán esforzo mancomunado por lograr a paz ".

A declaración conclúe saudando o 44° aniversario das FARC-EP cun "sentido homenaxe a Manuel Marulanda", coa afirmación:"Diante do altar da patria xuramos vencer"