MANIFESTO CONTRA A DIRECTIVA DA VERGOÑA

1. A ampliación a un período máximo de 18 meses de internamento das persoas imigrantes en razón de teren cometido unha infracción administrativa de estadia irreguar en território europeu.

2. A confirmación que estas persoas poden ser ingresadas en prisión se faltaren centros de internamento.

3. A legalización do internamento de menores de idade.

4. A proibición de as persoas expulsadas poderen voltar à UE nun período de cinco anos (medida xa aplicada no Estado español),

son os pontos que salienta a Federación de Asociacións de SOS Racismo no EE no MANIFESTO contra a “Directiva da vergoña” que será debatido este mes no Parlamento Europeu.