A rede de colectivos A RIA NON SE VENDE, composta por diversas asociacións que cobren coas súas actividades todo o perímetro da ría viguesa e integrada ao tempo na rede nacional GALIZA NON SE VENDE, entende que son moitas as razóns para convocar esta manifestación en defensa do patrimonio natural, social, económico e cultural da Ría de Vigo.
En primeiro lugar debemos valorar a situación actual produto de políticas destrutivas por parte das diferentes administracións: recheos, contaminación, depuración ineficaz, alteración das correntes mariñas e destrución dos recursos pesqueiros e marisqueiros, urbanismo salvaxe e destrución da paisaxe, portos deportivos privatizadores, unha Autoridade Portuaria caótica e depredadora, desprezo pola identidade e patrimonio cultural.
Fronte a isto, A RIA NON SE VENDE defende:
A preservación da Ría de Vigo como fonte de vida, traballo e riqueza natural.
A defensa da explotación pesqueira e marisqueira fronte á especulación urbanística e industrial, apostando polo mantemento dos máis de 15.000 postos de traballo que dependen directamente dos recursos produtivos da Ría de Vigo... [Ler máis]