PAREMOS AS NOVAS AGRESIÓNS DE BUSH CONTRA CUBA

Para o próximo 21 de maio, o Presidente Bush está poñendo en marcha unha nova agresión contra Cuba. Está visto que o imperialismo endexamáis descansa nos seus continuos ataques contra este pequeno país. Coa xa incribel escusa dos dereitos Humanos, o goberno norteamericano inicia esta campaña a favor dos seus terroristas e mercenarios amigos, eses que violan –ao igual que o país que os ampara- calquera lei nacional e internacional ao aceptar financiamento dunha potencia estranxeira para atacar ao seu propio país, como así confirman os mesmos documentos oficiais do goberno de Washington, que as recruta, adestra e evidentemente págalles, para que lles secúnden na súa política exterior contra a Revolución Cubana.

O fin que se persegue non é outro que o de obrigar á Unión Europea a seguir mantendo unha postura hostil contra Cuba... [Ler máis]