PROXECTO FARAONICO "UNIVERSIADA DE VIGO '2013": UNHA CIDADE SENTENCIADA...

P.C.P.G.[21.05.08]
De aprobarse o próximo dia 30 o proxecto da chamada "Universiada", a "nosa" clase dirixente converterá Vigo nunha cidade artificial sen vida propia, iso si, coa imaxe de “marca” que aqueles pretenden darlle. Nós afirmamos coma outros moitos colectivos e persoas que, con ela, acentuaránse aínda máis os males que xa padecemos e veremos máis acrescentados: infraestructuras faraónicas, corrupción urbanística, especulación e destrucción do territorio, precariedade laboral, etc.
Vigo, a cidade traballadora e corazón
industrial, rebelde e progresista de Galiza transformaráse durante un tempo, que non haxa dúbidas, nunha zona en “estado de excepción” e control social cos seus corpos policiais e "unidades antiterroristas", etc. Un proxecto que non é alternativa nin solución de ningún dos problemas e necesidades populares senón todo o contrario e que, ademais, é un enorme despilfarro de cartos públicos!. Daquela, significará unha brutal agresión ao territorio e un novo intento de perpetuar a aberración dunha cidade submetida ao servizo de escuros e mastodónticos intereses privados e especulativos do grande capital. Para saber máis: Ver informe de G.A.S e Caleidoskopio