URBASER: POR FIN, O XULGADO ATENDE AS RAZÓNS DOS TRABALLADORES

Tod@s lembramos como, o pasado 28 de outubro, os traballadores de URBASER, S.A, concesionaria da recollida do lixo de Redondela, iniciaron unha Folga pola sinatura do seu Convenio Colectivo que durou 11 dias e que contou coa solidariedade masiva do povo de Redondela. Daquela, todos os traballadores en folga foran sancionados disciplinariamente pola dirección da empresa por 45 días de emprego e soldo.

Agora, o Xulgado do Social nº 3 de Vigo, ditou Sentencia pola que se declaran nulas as sancións que no seu día impuxo a empresa URBASER, S.A aos traballadores por exercitar o seu dereito de Folga. Unha sentencia do Xulgado do Social que non ten recurso.

Esta actitude patronal, con aplicación de medidas pouco habituais no mundo laboral, pon ás claras a práctica represiva e antisindical desta empresa, cuestionando dereitos básicos dos traballadores e, mesmo, o fundamental de Folga, o que é por fin recoñecido polos tribunais. É dicir, unha vitoria sindical que o Comité Nacional do PCPG saúda polo simbolismo e firmeza que encerra, como froito dunha loita consecuente e tan exemplar.