Nesta seudodemocracia temos todo o dereito a reclamar aquelo que consideramos unha ferramenta chave para a imprescindibel democratización da actividade política e social. Xustificar o contexto actual alegando p.e que estes partidos usan preferentemente os medios públicos e reciben diñeiro tamén público, porque fai catro anos acadaron representación parlamentar e aqueles outros partidos ou persoas que non a obtiveron, non teñen dereito a usar os medios é, como o própio sistema eleitoral e "representativo" que sofrimos unha indecencia democrática.
INICIATIVA PARA EXERCER O NOSO DEREITO AOS MEDIOS PÚBLICOS DE COMUNICACIÓN
Colectivos sociais e políticos da comarca de Vigo, entre os que está o PCPG, estamos a a valorar e tratar de por en marcha unha proposta de intervención unitaria, baseada nun manifesto público e aberto a todos aqueles que non temos voz, para reclamar o noso dereito lexítimo e irrenunciábel a usar os medios públicos de comunicación, que son de todas e todos, e pagamos todas e todos, mais que é impedido polos poderes dun réxime que nos pon todo tipo de obstáculos, xa non para organizarnos e participar “en política” senón que reserva todos os privilexios para os seus máis xenuinos representantes, paladins ou testaferros, que basicamente o son do PP e do PSOE.