UNHA DIRECTIVA DE VERGONHA PARA UNHA EUROPA INFAME

Xa o viñamos anunciando e denunciando desta esta Web do PCPG. Moitas organizacións e colectivos de toda Europa temos loitado por impedilo (ver o manifesto que reproducimos o pasado 13 de maio). Máis a decisión dos poderosos xa estaba tomada e, por esmagadora maioria, este pasado 18 de xuño de 2008, a Unión Europea (UE) aprobaba a chamada "Directiva de Retorno" ou, dito con máis propiedade, unha Directiva da Vergoña que permitirá que 8 millóns de inmigrantes sexan deportados. Como di o artigo que reproducimos a continuación soa a nazismo puro e duro, mais é obvio que os tempos non son propicios para a lirica...[Ler máis]