2500 PERSOAS APOIAMOS A APOSTA UNITARIA DE CAUSA GALIZA POLA AUTODETERMINACIÓN

[Ler aquí:Manifesto de Causa Galiza]

Por volta de dúas mil cincocentas persoas acudiron esta mañá á manifestación convocada pola Causa Galiza, a única que no Día da Patria reclamou a autodeterminación para o país.

O número de participantes, que superou longamente a asistencia do ano pasado, dá mostra do medre de implantación da nosa plataforma soberanista, que continúa a sumar apoios populares na súa defensa unitaria dos dereitos nacionais da Galiza.

Co lema “Soberanía Nacional” na faixa, portada por diferentes membros da portavocía, a marchada Causa Galiza saíu pouco despois das 13:30 horas da Alameda compostelá, para rematar na Praza do Toural, despois de percorrer varias rúas da capital... [Ler máis]