DIA DA PATRIA: SEN AUTODETERMINACIÓN NON HAI SOBERANIA NEN XUSTIZA NEN LIBERDADE PARA O NOSO PAÍS

Como ficou dito nesta mesma páxina, o PCPG, como unha máis das organizacións adherentes da Plataforma Causa Galiza vai participar na única manifestación verdadeiramente soberanista e autodeterminista que se celebra neste próximo 25 de Xullo. O C.N do noso partido súmase ao [Manifesto de Causa Galiza] CONSENSUADO DEMOCRÁTICAMENTE PARA ESTA OCASIÓN E, A SEGUIR, DAMOS A COÑECER A SEGUINTE

DECLARACIÓN DO PCPG:

Os comunistas do PCPG, saudamos aos participantes, de todas as partes de Galiza, se manifestan neste Dia da Patria Galega a prol dos nosos dereitos nacionais.

Xunto con esa parte máis conscente do povo galego reivindicamos, un ano máis, o dereito a decidirmos por nós mesmos, a augobenarmos e organizarmos soberanamente a nosa vida e o noso futuro como como povo.

Demandamos, máis unha vez, o elementar dereito democrático de AUTODETERMINACIÓN nacional e condenamos todo aquilo que nos aldraxa, que se opón ou impide secularmente o exercicio das nosas liberdades nacionais e de clase.

Repudiamos un réxime que subordina a nosa vida aos propósitos dos que destrúen os nosos recursos e medios de explotación tradicional e que expulsa, ás cheas, do noso campo e do noso mar, á nosa mocidade para traballar, ao lado de inmigrantes doutros países, en obras, fábricas e posesions de, ou para, o enriquecento alleo.

Condenamos os séculos de dominación imperialista do Estado Español e a tirania expoliadora que padecemos das súas oligarquias e exiximos liberdade e respecto para todos todos e todas os que denuncian, loitan e rebelan; para todos e todas aqueles que son infamados, maltratados ou mesmo presos e desterrados nos cárceres dun Estado imposto, corrupto, borbónico e aborrecibel que xa é, en si mesmo, cárcere de nacións e de povos.

Rexeitamos un sistema asimilista que ataca sen piedade... [Ler máis]