E a nova administración, en vez de asumir as súas responsabilidades co País, móstrase feble e servil cos grandes grupos de poder económico e político... [Ler máis]
GALIZA NON SE VENDE ESIXE A DESTITUCIÓN DOS RESPONSÁBEIS POLÍTICOS DA DEGRADACIÓN DO TERRITORIO
Xa van tres anos dende as últimas eleccións para o Parlamento Galego. O troco político que se produciu en Galiza pareceu, naquel momento, esperanzador. Pero ó transcorrer do tempo, os feitos, as promesas incumpridas, as políticas realmente desenvolvidas polo novo Goberno mostraron, e mostran, que tal cambio non existe, que nunca existiu. Só hai novas persoas repetindo as mesmas políticas de sempre. Cunha diferenza: un sistema económico irracional, depredador e globalizado exerce sobre o noso territorio e sobre a nosa cultura identitaria unha presión máis forte que nunca.