ACTO DE LEMBRANZA DO GUERRILLEIRO E COMUNISTA ANTONIO SEOANE

Á direita: cartaz anunciador do acto

O próximo dia 4 de Novembro no Club Internacional de Prensa (Avda. da Coruña, 6 de Santiago de Compostela) vai ter lugar un importante acto de lembranza dun dos máis importantes revolucionarios e estrategas da loita guerrilleira que tivo Galiza.

Jorge Seoane falará do seu pai Antonio Seoane, primeiro xefe do glorioso Exército Guerrilleiro de Galiza; compañeiro e camarada do lendario lider comunista Xosé Gómez Gaioso, con quen combateu heroicamente nos anos 40 por libertar a Galiza do fascismo, sendo fusilados os dous despois de bárbara tortura na
véspera do 31 aniversario da Revolución de Outubro, un dia 6 de Novembro de 1948, fai agora 60 anos.

Honor e gloria para os que combateron de xeito tan exemplar contra o fascismo, pola liberdade do noso Povo e a nosa Terra, polo Socialismo e os dereitos da Nación Nalega!. [PCPG]

BIOGRAFIA DE ANTONIO SEOANE SÁNCHEZ (1906 – 1948) [Fusilado polo franquismo]...
[Ler máis]