CONVOCADO EN VIGO UN NOVO ACTO DE CONVIVIO E INFORMACIÓN DO PCPG

Á esquerda: foto-composición con vistas do acto de convivio comunista organizado polo PCPG no Grove no pasado dia 23 de agosto

Continuando con actos anteriores, nomeadamente o realizado na Vila do Grove, o PCPG vai celebrar no mediodia do domingo dia 23 de Novembro un novo acto de convivio nun Centro Social de Vigo.

Neste acto, ao igual que no anterior, o Comité Nacional convida aos
militantes do noso Partido na comarca, mais tamén a persoas e organizacións amigas, e nel aproveitaremos para informar dos acordos e próximos pasos da nosa acción e intervención política nos próximos meses.

Ao final do mesmo e despois de escoitar e intercambiar opinións cos presentes convidaremos a todos/as a ver un interesante video e brindaremos camaraderilmente con un viño galego
. Se estiveses interesado/a en receber máis información ou asistir escrévenos ao noso enderezo electrónico: pcdopg@gmail.com
Seguiremos informando.