MARCHA CONTRA O PLANO INTEGRA O DÍA 30 DE NOVEMBRO ÁS 12:00 DA MAÑÁ. DESDE A PRAZA DOS CABALOS ATÉ A PORTA DO SOL DE VIGO
POR QUE PEDIMO-LA RETIRADA DESTE PLANO?
O Plano Vigo Íntegra adopta e establece un modelo de mobilidade baseado nas estradas de alta capacidade como infraestructuras principais, prácticamente únicas, para o transporte de persoas e mercancías na área de influencia de Vigo. Foi redactado sen ter en conta a súa necesaria contextualización nunha planificación integrada e xerarquizada do territorio. Así, foi redactado sen ter para nada en conta un plan director territorial da Galiza, unha planificación integrada das infraestructuras e un plan integrado de transporte.